Saltar navegación.
Inicio

EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE 2ºBACH

EXTRAORDINARIA XUÑO 2021  2º BACH

LUNS 14

MARTES 15

MÉRCORES 16

XOVES 17

VÍDEO E FOTOS DA GRADUACIÓN.

Se queres ver o vídeo da cerimonia de graduación CLICA AQUÍ

AO CENTRO RODANDO OU CAMIÑANDO

Anímate a vir en bici. Xa tes un aparcabicis para deixala. Xa non tes excusa, tes onde deixala, fai bo tempo, ... A QUE ESPERAS, ACTÍVATE, AO CENTRO RODANDO OU CAMIÑANDO. 

COVID E MEDIOAMBIENTE " Un cambio nas nosas vidas"

Os institutos Escolas PROVAL  e o IES Val Miñor convocan o primeiro concurso de fotografía no marco do proxecto de innovación de FP no que participan ambos centros.

O obxectivo deste concurso é que mediante a imaxe e a súa reflexión se fomente a participación do alumnado que este teña o bo gusto de captar a implicación dos centros educativos , na procura de solucións para afrontar a pandemia e a pegada que esta pode deixar no medio natural.

Para ler as bases CLICA.

PROXECTOS 1º ESO BIOGAL

O alumnado de 1ºESO, no traballo por proxectos das materias Lingua Galega e Bioloxía, creou cadansúa peza teatral para representar a adaptación e supervivencia dos seres vivos. A peza de 1º A dirixe o futuro dos reinos en ELECCIÓNS NO BOSQUE. En 1º B presentan un interesantísimo CONGRESO DA BIODIVERSIDADE. E a clase de 1ºC vivirá unha gran aventura en MISIÓN SALVAR O BOSQUE. A semana do 24 de maio, no ronsel das letras, estreamos as nosas pezas. Para non perder!

RECICLANDO A TOLERANCIA

O instituto zumega e bule coa actividade neste final de curso. 

UN ANO MÁIS REPARTO DE FROITA NO CENTRO DURANTE 10 DÍAS

Un ano máis o noso centro participa no programa de consumo de froitas no centro. É un programa do Fondo Galego de garantía Agraria (FOGGA) que ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.

SOLICITUDE DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2021-22.

REPARTO DE VALES DE MATERIAL A PARTIR DO DÍA 15 DE SETEMBRO EN HORARIO DE APERTURA : DE 8:30 A 14:00

No seguinte enlace atoparás a normativa http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002. O PRAZO remata o 22 de xuño. A lista provisional publicarase o 9 de xullo. 

Este curso soamente se pedirán os vales de material, pois o centro participa no programa Edixgal desde 1º ata 4º da ESO. Polo que disporán no vindeiro curso dun ordenador por alumno/a. Respecto aos libros de texto recomendamos esperen a mercalos ao inicio de curso, pois o centro conta cun fondo de libros que porá á disposición dos solicitantes, ata esgotar as existencias. Será cando comecen as clases cando se lles entregará unha folla de solicitude destes libros.

Distribuir contido