Saltar navegación.
Inicio

VISITA A OPORTO O 25 MAIO 2022

Para ver o álbum de fotos e o vídeo CLICA

O alumnado de 1º a 4º da ESO compoñente do club de lectura e o alumnado de Antropoloxía de 1ºBACH, fixeron unha visita ao centro histórico de Oporto (Portugal). O centro da visita foi coñecer a famosa librería "Hermanos Lello". Despois fixemos un pequeno recorrido pola cidade visitando a Estación de tren, o edificio da bolsa, o barrio de Ribeira, Palacio da Música ... 

XINCANA EN CHANDEBRITO CO ALUMNADO DE 1ºA e 1ºB ESO

Que ben o pasamos os departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia co alumnado de 1º ESO, descubrindo o asasino do neno de Chandebrito!!!!!! Os gañadores recibirán o seu premio . Aquí vos deixamos o vídeo de recordo. clica na imaxe

Cando repetimos?

Alumnado de 3 ESO colabora na limpeza de Praia América

O pasado 6 de maio o alumnado de 3ª de ESO particpou nunha xornada de recollida de lixo no areal de Praia América, unha actividade organizazada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Val Miñor en colaboración co Concello de Nigrán.

Para ver máis fotos preme AQUÍ!

Como ven sendo habitual todos os anos, alumnos e alumnas do instituto participan nunha xornada de recollida de lixo en Praia América. Esta actividade pretende concienciar ó alumnado do grabe problema medioambiental que supón o lixo, especialmente para os organismos mariños, moitos dos cales morren por inxerir estes residuos. O plástico é o pricipal compoñente destes residuos, especialmente plásticos de pequeno tamaño que perdurarán no ecosistema durante moitos anos.

GRAN ACOLLIDA DO REPARTO DE LEITE NOS RECREOS.

O alumnado disporá durante 20 días de leite con e sen lactosa no tempo de recreo. Esta campaña completarase con 10 días de reparto de froita.

ESCALADA NO GALIÑEIRO 2022

O alumnado de 1ºBACH disfrutou dunha xornada de escalada no sector Cornus do Galiñeiro. Se queres ver o VÍDEO DE IMAXES CLICA. Para ver as fotos CLICA AQUÍ.

SURFEANDO EN PATOS.

O alumnado de 4º ESO disfrutou dunha xornada de surf na praia de Patos o xoves 5 de maio. Para ver as fotos podes CLICAR AQUÍ

Distribuir contido