Saltar navegación.
Inicio

IX Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos

O 30 de maio, a menos dunha semana do inicio das probas de ABAU, un alumno do noso centro, Martín Rey Álvarez, tivo o valor de se presentar á IX Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos, organizada pola sección galega da Sociedade de Estudos Clásicos. Foi unha xornada intensa, na que se tivo que enfrontar a un texto grego de Apolodoro e un latino de Eutropio non vistos previamente, pero tamén resultou unha excelente práctica para os exames da vindeira semana.

Agora, a agardar os resultados!

TENIS 2024 1º BACH E 4º ESO, NO COMPLEXO DEPORTIVO DUNAS DE GAIFAR

CLICA PARA VER

O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato puxo en práctica as súas destrezas coa raqueta, nas instalacións municipais "Dunas de Gaifar". Observar a todo o alumnado en acción motriz é moi gratificante. Desfrutamos dunhas xornadas activas e saudables. Un dos obxectivos fundamentais é conseguir a adherencia ao exercicio físico a través de experiencias de desfrute do corpo en movemento. 

MARCHA CICLOTURISTA

CLICA PARA VER AS FOTOS

Esta quedada sobre rodas obrigounos a desempoar as bicis, chegar ao centro nun útil e saudable medio de transporte, permitir que o tan arelado sol nos acariñara para que a vitamina D aparecera, compartíramos unha tarde agradable e as interaccións sociais creasen unha xornada, do máis proveitosa.

AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

O 12-07-2024 Publícanse na cortiza interior, do centro (poden chamar por teléfono ao centro, para saber se están admitidos), as listas de admitidos e excluídos nas solicitudes de axuda de material escolar. Se están admitidos poden pasar a recoller o cheque en horario de oficina de verán de 9:00 a13:00 no mes de xullo, e no mes de agosto de 11:00 a 13:00.

Ata o 21 de xuño está aberta a convocatoria para a solicitude de axuda para a adquisición de material escolar do alumnado de 1º a 4º da ESO . No seguinte enlace atoparás a orde que a regula CLICA

Distribuir contido