Saltar navegación.
Inicio

PROXECTOS NA AULA DE TECNOLOXÍA

Se CLICAS poderás observar o proceso de elaboración dos proxectos realizados polo alumnado de 1º ESO "Deseño de estruturas e estabilidade" , 2º ESO que realizou unha man robótica e 4ºESO que creou un timbre caseiro.

AI THAN HUMAN

Alumnado do departamento de  Tecnoloxía  experimentaron coa Intelixencia Artificial na exposición AI THAN HUMAN na Coruña.

Unha exposición sen precedentes a nivel internacional para coñecer os avances creativos e científicos da Intelixencia Artificial. Esta actividade forma parte do contrato programa inclúe na liña de traballo IGUÁLA-T

Clica na seguinte ligazón para ver as imaxes:  Imaxes

Clica na seguinte ligazón para ver máis imaxes:  Imaxes

REGUEIFAS NO IES VAL MIÑOR

Un ano máis o alumnado de 3º ESO recibiu formación arredor das regueifas. Coñeceron o xeito de construír estes cantos e mesmo elaboraron os seus. Haberá unha segunda sesión en novembro. A charla foi impartida por Bieito Lobariñas da ASOCIACIÓN ORAL DE GALICIA, patrocinado pola Deputación de Pontevedra.

INICIO DA ACTIVACIÓN DO PATIO A TRAVÉS DO PROGRAMA RE-CREO O RECREO.

Deron comezo os torneos do recreo e o empréstito do material, para incrementar o nivel de actividade física do alumnado. Comezouse cos torneos de fútbol e tenis de mesa.

FÚTBOL GAÉLICO DA MAN DA AGFG (Asociación Galega de Fútbol Gaélico)

O alumnado de 1º e 2º da ESO, está coñecendo nas clases de Educación Física da man da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, este deporte. Se queres saber mais sobre o regulamento e forma de xogo CLICA AQUÍ

Distribuir contido