Saltar navegación.
Inicio

Recollida de lixo en Praia América, xornada de sensibilización ambiental

O alumnado de 3º de ESO participou o pasado 24 de marzo nunha xornada de limpeza no areal de Praia América. A actividade, xa habitual na programación de actividades complementarias do centro, é organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración co Concello de Nigrán.

INTERCAMBIO CULTURAL LORETO HS - IES VAL MIÑOR 2023

Despois dunha semana de convivencia, onte despedimos ao grupo do instituto Loreto High que nos visitou dentro do programa de intercambio que iniciamos con eles. Un grupo de 16 alumnos de 4º de ESO compartiu con eles a súa vida durante estes sete días. A experiencia foi inesquecible e o nivel de compañeirismo entre todos é digno de destacar. Estamos tamén moi agradecidos ás familias, que os acolleron xenerosamente nas súas casas, e ao profesorado que se implicou nas actividades que organizamos para ambos grupos. Desexamos que setembro chegue pronto para poder velos de novo en Manchester!

Conferencia Isabel Blanco - Semana da Igualdade

O alumnado de Bacharelato participou na conferencia da avogada e escritora viguesa Isabel Blanco, asemade o alumnado da ESO colaborou na procura de biografías de galegas que despuntan nas súas profesións.

Conferencia Isabel Blanco

Roteiro xeolóxico por Monteferro, unha viaxe de 500 ma

O pasado 1 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato da materia de Bioloxía e Xeoloxía, realizaron un roteiro xeolóxico por Monteferro.

  

A península de Monteferro posúe uns indudables valores paisaxísticos, naturais pero tamén xeolóxicos que motivaron a súa declaración como Lugar de Interés Xeolóxico (GM075) polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España en 2019.

 

Visita a Sanabria e ó Caurel

O alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha visita didáctica ó Centro de interpretación do lobo ibérico “Félix Rodríguez de la Fuente” no munipio de Robledo (Zamora) e ó Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Caurel”, unha visita que se celebrou entre o 16 e o 18 de marzo.

A primeira noite pernoctamos nas inmediacións do lago de Sanabria. Pola mañá disfrutamos das impresionantes vistas sobre o lago, o maior lago de orixe glaciar de España. A pesar do mal tempo puidemos facer unha parada no lago para falar da súa orixe a partir do último periodo glaciar (glaciación do Würm) que finalizou hai un 18.000 anos.

Visita ós laboratorios do Hospital Álvaro Cunqueiro

O 16 de marzo o alumnado da materia de Anatomía Aplicada de 1º de bacharelato visitou os laboratorios do Hospital Álvaro Cunqueiro. O obxectivo desta saída foi, por un lado espertar no alumnado a súa vocación polo traballo no ámbito sanitario e, por outro lado, resaltar a importancia das múltiples vías de formación que conducen ó mesmo, máis alá da medicina ou enfermería.

Á nosa chegada ó hospital recibíunos M. Rosario Diéguez, coordinadora de técnicos especialistas da unidade de docencia e formación continuada do CHUVI, quen nos acompañou durante toda a xornada.

FALADOIRO DE INAUGURACIÓN DA NOVA CANLE DE PODCAST DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. 8M

ACHEGAMOS OS DOUS CAPÍTULOS DO FALADOIRO ONDE ESCOITARÁS AS INVITADAS ESPECIAIS:

CAPÍTULO 1: SARA E VERA CLICA

CAPÍTULO 2: NOA, LUCÍA E ALEXANDRA CLICA

XORNADA DE RUGBY EN PRAIA AMÉRICA EN COLABORACIÓN CO VIGO RUGBY CLUB. DÍA REDONDO E OVALADO.

CLICA 

Agradecemos ao Vigo rugby club que se achegara a Praia América para impartir unha sesión de promoción do rugby, que foi posible grazas á xenerosidade de Óscar, Diego e Joaquín. O alumnado desfrutou dun día frío aínda que soleado, poñendo en práctica o aprendido nas clases de Educación Física, nun espazo inigualable, onde a diversión e o movemento foron os protagonistas.

Distribuir contido