Saltar navegación.
Inicio

SEN RUIDO ESTAMOS MELLOR

CAMPAÑA CONTRA O RUÍDO: DISMINUINDO A POLUCIÓN ACúSTICA NO IES VAL MIÑOR

Alumnos de 21 de ESO participan na Campaña 2015-2016 contra o ruido dentro dunha serie de actividades destinadas a mellorar o ambiente e o traballo dentro do centro escolar.

Os alumnos estudaron o que é a polución acústica, fixeron medicións cun sonómetro dos niveis de ruido en distintos lugares do centro (corredores, patio, cafetería...) durante duas semanas; elaboraron os seus datos; estudaron os danos que produce a exposión ao ruido; buscaron información sobre a lexislación vixente sobre contaminación acústicas; e, finalmente, elaboraron a súas propostas para mellorar a situación no instituto. Con todo o material elaboraron unha exposición de grandes murais para divulgar e compartir o aprendido.