Saltar navegación.
Inicio

STEMbach, Contrato Programa

EXERCICIO DE PAPIROFLEXIA. MIL GRULLAS PARA PEDIR DESEXOS.

MIL GRULLAS DE PAPEL PARA QUE OS NOSOS DESEXOS SE FAGAN REALIDADE. 

AFRICA GONZÁLEZ RECOLLE O PREMIO MULLER CIENTÍFICA IES VAL MIÑOR 2018

O luns 19 de febreiro ás 17:00 horas África González, catedrática na Universidade de Vigo e presidenta da sociedade española de Inmunoloxía recolleu o premio MULLER CIENTÍFICA  IES VAL MIÑOR 2018. Rodeada de toda a comunidade escolar deste centro educativo, de autoridades ,  de compañeiros e compañeiras científicas do CSIC, do Oceanográfico de Vigo e de familiares agradeceu o agasallo ao mesmo tempo que nos deleitou cunha magnífica conferencia sobre muller e ciencia.

NO IES VAL MIÑOR COMEZAMOS A CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Pilar Riobó e Mar Nieto Cid do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e Luisa Martínez Lorenzo, da Delegación CSIC en Galicia impartironlle aos alumnos e alumnas de Bacharelato a conferencia que levou por título " CIENCIA EN FEMENINO". Grazas por todo o bo que nos ensinastes.

CARTEL ELABORADO POLO ALUMNADO DE 1º DA ESO DENTRO DA CAMPAÑA DE LIMPEZA

Aquí un dos carteis que o alumnado de 1º da ESO elaborou dentro da campaña de orde e limpeza do centro educativo.

Adestramento de élite de tenis de mesa, coa agrupación deportiva Vincios.

Os alumnos Pedro, Myka, Daniel e Antón disfrutaron dun adestramento de alto nivel coa agrupación deportiva Vincios, por seren os gañadores do torneo de tenis de mesa dos recreos. Este clube ten un equipo que participa en Super División ( a máxima categoría a nivel nacional). Que por certo o venres 26 teñen competición en Gondomar, por si queredes achegarvos e disfrutar deste deporte.

Sobre todo queremos agradecer a Anxo, Héctor e Pablo Casal o seu altruismo, e que se volcaran tanto cos nosos rapaces. Foi unha xornada intensa, fixeron unha primeira parte de adestramento de moita técnica, e unha segunda parte de condición física específica deste deporte.

Un día para lembrar. O obxectivo entre outros é ofrecer novas posibilidades de ocupación activa do tempo de ocio, visibilizar un deporte minoritario, e continuar fomentando un patio activo e saudable.

PROGRAMA RE-CREO O RECREO ÚLTIMAS INTERVENCIÓNS

Este ano continuamos dándolle pulo, a este espazo social que é o patio, realizando microintervencións que cambien e potencien a actividade física, a interacción social e a convivencia positiva. Entre as actividades que se foron realizando ata agora destacamos as seguintes.

Torneos no recreo: de tenis de mesa e fútbol. Resaltando que este ano un grupo de chicas valientes formaron un equipo de fútbol e aí están dándoo todo nos torneos do recreo. 

Asemade colocouse unha fonte e unha barandilla que crean un espazo novo no patio.

Como en anos anteriores o torneo de mesa ten moita aceptación e os finalistas foron premiados cun adestramento no clube de tenis de mesa Vincios, que teñen equipo en Super División, a competición máis importante a nivel nacional deste deporte.

ACTIVIDADE DE COHESIÓN DENTRO DO PROGRAMA TEI ( TITORÍA ENTRE IGUAIS)

Hoxe, 19 de decembro, a piques de coller as vacacións de Nadal os alumnos e alumnas de de 1º e 3º da ESO  (titorandos e titores) realizaron varias actividades cooperativas dentro do PROGRAMA TEI. Grazas ao todos: profesorado e alumnado pola vosa colaboración.

DA MAN DO PROFESOR D. EMILIO GARCÍA COÑECEMOS O GRAO DE COMERCIO DA ESCOLA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS DE VIGO

O profesor D. Emilio García da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo presentoulles ao alumnado de 1º de bacharelato matriculado na materia de Economía o grao de COMERCIO que imparten nesta prestixiosa escola.

Distribuir contido