Saltar navegación.
Inicio

Recomendámosche

AGASALLO PARA OS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA.

Cun sinxelo agasallo quixemos darlle as grazas aos voluntarios e voluntarias da biblioteca polo seu bo facer neste primeiro trimestre. Seguimos!!!.

ALGO PASA NA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca estrea novo "look": novos espazos de lectura, andeis de novidades, sofá, mesas trapezoidais, espazo para a poesía, zona de radio, ademáis dos moitos libros que nos pedistes e que xa están a túa disposición. Queremos contarche tamén que pronto empezarán na biblioteca os torneos de xadrez e tamén o club de debate para os que cursades 4º ESO e bacharelato. Agardámoste!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Se queres ver as imaxes máis grandes clica nelas.

A BIBLIOTECA AMPLÍA A SÚA OFERTA COAS PARTIDAS DE XADREZ.

 A biblioteca, como centro creativo das aprendizaxes, amplía a súa oferta coa actividade do xadrez.

Recomendacións para ler no Nadal.

                                               Para ver as imaxes máis grandes clica nelas.

NOVOS TALENTOS DO INSTITUTO

No IES Val Miñor xurden novos talentos, se queredes disfrutar da letra que nos fai reflexionar, e ter a esperanza posta nos nosos estudiantes, creada e interpretada por Traba. Se queredes escoitar a canción clicade na foto, ou descargade o arquivo adxunto. Traba danos permiso para espallar a súa canción, con toda a súa mensaxe.

25N

O 25 de novembro conmemoramos o Día contra a violencia de xénero contra a muller e desde a biblioteca e coa colaboración das titorías traballamos coa letra de cancións, escollidas polos alumnos de Afondamento de 1ºBach e outros máis que se sumaron á proposta.

Samaín

Co gaio da celebración do Samaín vestimos a nosa biblioteca para a ocasión.

Distribuir contido