Skip to Content

Taboleiro

Inicio curso 23-24

As presentación do curso escolar 23-24 realizaránse o luns 11 de setembro. Para ver os horarios, accede ao Calendario de presentacións do novo curso. Unha vez realizado o acto de presentación as clases iniciaranse con normalidade.

Festivo local

08/09/2023

Festivo local no Concello de Chantada

Axudas FCT ou FP dual

Publicada no DOG do 28/08/23 a Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan as axudas económicas para o alumnado que realiza/realizou formación práctica en centros de traballo ou FP dual. O prazo de presentación abrangue dende o 29/08/2023 ás 00:00 ata o 28/09/2023 ás 23:59. Acceso ao Extracto da Orde e á solicitude.

Calendario setembro CS DAW dual 2023

Acceso ao calendario de setembro do CS Desenvolvemento de Aplicacións Web na modalidade dual onde se recolle a información sobre as datas dos exames extraordinarios de módulos e da exposición do Proxecto DAW, entre outra información.

Libros de texto curso 23-24

Relación de libros de texto para o vindeiro curso:

  • Listado de libros para ESO.
  • Listado de libros para BAC.
  • Listado de libros para FP.

 

Prazos de matrícula para curso 23-24

Para ver todos os prazos de matrícula, da ESO, BAC, CB, CM, CS ordinario e CS dual preme aquí.

Entrega notas finais e reclamacións 2023

Xoves 22 de xuño de 2023 ás 16:00h: Publicación das notas no Abalar.
Venres 23 de xuño de 2023 ás 10:00h: Entrega de notas (na aula de referencia) para ESO, BAC e CB.
Luns 26 e martes 27 de xuño de 2023 a partir das 11:00h: Revisións de notas.

Fin curso 22-23

21/06/2023

Último día lectivo adicado dende as 8:45 horas á devolución de libros de texto, dos préstamos da biblioteca, devolución de chaves de taquillas, etc que rematará, a partir das 12:35 horas, cun acto festivo no que haberá:

  • Entrega de diplomas de Erasmus+ a alumnado e profesorado participante nas mobilidades á Güiana Francesa.
  • Actuación musical do alumnado que cursa a materia de Música.
  • Concerto de Alfonso Medela Trío.

Remate exposición fotográfica

26/06/2023

Fin da exposición de fotografía na Casa da Cultura de Chantada do 9 ao 26 de xuño. Actividade comprendida no CP INNOVA de Eduexcelencia organizado desde o departamento de Xeografía e Historia e realizado polo alumnado de 4 ESO durante este curso escolar. Para saber máis preme aquí.

Destinatarios/as: Público en xeral
Lugar: Casa da Cultura de Chantada
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia

Cea de Xeracións

16/06/2023 21:30
16/06/2023 23:58

Celebración da Cea de Xeracións para todas as persoas que forman ou formaron parte da comunidade educativa do IES Val do Asma (alumnado, profesorado, PAS, familias, ...  de todas as xeracións). Podedes mercar a entrada no propio Mesón Mogay en horario de 11 a 17h, excepto os martes, ata o mércores 14.  

Distribuir contido


by Dr. Radut