Skip to Content

Reunión Erasmus+ consorcio APAGA

27/02/2023 12:00
27/02/2023 13:00

Reunión de alumnado, familias e profesorado co presidende de APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia), Álvaro Doural, para informar sobre as prácticas en empresas dos/as estudantes do CB Mantemento de vehículos e do CM Electromécanica de vehículos automóbiles en países da Unión Europea.

Dirixido a: Alumnado de CB e CM de automoción.
Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma.
Organiza: Equipo Erasmus+ coa colaboración do profesorado da familia de Transporte e Mantemento de vehículos.

Programa eduemprende Finanzas para mortais 22-23

O IES Val do Asma foi seleccionado para participar no Programa eduemprende Finanzas para mortais da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Listado de centros seleccionados no curso 22-23.

Entroido 2023

17/02/2023 11:45
17/02/2023 14:15

Celebración do Entroido con karaoke, playback, disfraces e baile no que participará toda a comunidade educativa.

Recital poético musicado "O Benquerer(se)"

16/02/2023 12:35
16/02/2023 14:15

Recital poético musicado para unha (anti)celebración do San Valentín a cargo da compañía Aldaolado. Para máis información preme aquí.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º e 2º ESO.
Lugar: Salón de Actos do IES Valdo Asma.
Organiza: Departamento de Orientación.

Axudas para actividades de formación en lingua extranxeira 2023

Publicadas axudas para actividades de formación en lingua extranxeira. Acceso ao EXTRACTO da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Persoas beneficiarias: Alumnado escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en 1º ou 2º de bacharelato.
Prazas totais: 643
Idiomas: alemán, francés, inglés e portugués.
Prazo de presentación de solicitudes: 14/02/2023 00:00 - 13/03/2023 23:59

Programa eduemprende Actúa 22-23

O IES Val do Asma foi, un ano máis, seleccionado para participar no Programa eduemprende Actúa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Listado de centros seleccionados no curso 22-23.

Listaxes provisionais probas acceso grao superior

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas  para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Para poder consultar as listaxes debedes ter un código persoal de consulta (CPC), único para cada persoa que participa nas probas de acceso a grao superior. Acceso as instrucións para obter o CPC  e  instruccións para o acceso as listas provisorias co CPC.

O período de reclamación abrangue do 13 ao 17 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Máis info no Departamento de Orientación 982 870 239

Actas das eleccións Consello Escolar 2023

12/01/23: Acta do sorteo de membros da Xunta Electoral

18/01/23: 1ª acta da Xunta Electoral.

01/02/23: 2ª Acta da Xunta Electoral.

08/02/23: 3ª Acta da Xunta Electoral.

VI Xornada "Experimenta en feminino"

10/02/2023 09:35
10/02/2023 14:15

Actividade de divulgación sobre ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas con motivo do Día Intenacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro. Para saber máis, podes visitar a páxina web de eXXperimenta en feminino.

Dirixido a: Alumnado de 1ºESO
Lugar: Praza Bispo Cesáreo (Ourense)
Organiza: Departamento de Matemáticas

Visita Expoferr 2023

09/02/2023 09:30
09/02/2023 14:15

Saída para visitar a Feira de subministracións e ferraxería industrial, protección laboral e maquinaria EXPOFERR 2023

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º cursos do CB Mantemento de vehículos e CM Electromecánica de vehículos automóbiles.
Lugar: Silleda (Pontevedra).
Organiza: Departamento de Transporte e Mantemento de vehículos.

Distribuir contido


by Dr. Radut