Skip to Content

Alerta por condicións meteorolóxicas adversas para o mércores 18/01/23

A Xunta amplía a alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña de Lugo e Ourense ao sur da provincia ourensá.

Pola súa banda, a Comisión Escolar de Alertas volveu reunirse hoxe para avaliar a evolución da situación. Acordou a suspensión do transporte escolar durante toda a xornada de mañá mércores 18 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense e sur de Ourense, mentres que no resto si funcionará. En todo caso, recoméndase o seguimento das condicións meteorolóxicas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense e Valdeorras.
No referido á xornada de hoxe, martes 17, mantéñense as medidas comunicadas onte.
 
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.



story | by Dr. Radut