Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2020/2021

Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Disponse de toda a información do procedemento no seguinte enlace.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación "admisionalumnado", que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2020/2021


image | by Dr. Radut