Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Comezo:24/05/2024 09:35
Fin:24/05/2024 14:15
Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e a infancia e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. O alumnado do IES Val do Asma participará na carreira en prol do idioma que se celebrará en Monforte de Lemos. |
![Events at <em> IES Val do Asma</em> Distribuir contido](/centros/iesvalasma/misc/feed.png)