Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Mércores Maio 22, 2019
Comezo:22/05/2019 09:00
Fin:22/05/2019 09:30

Datas da entrega de notas finais de 2º BAC: mércores 22 de maio de 2019 ás 9:00 horas.

Período de reclamacións das cualificacións: mércores 22 e xoves 23 de maio de 2019 ata as 14:00h. Acceso ao procedemento de reclamacións.

Comezo:22/05/2019 10:25
Fin:22/05/2019 11:15

Alumnado de ESO participará nunha charla sobre Linguaxe Publicitaria impartida pola Escola Galega de Consumo dentro do Programa Cores (Plan Proxecta - Consumópolis).
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 1º e 2º ESO
Organiza: Departamento de Historia.

Comezo:22/05/2019 11:45
Fin:22/05/2019 12:35

Alumnado de ESO participará nunha charla sobre Etiquetado xeral impartida pola Escola Galega de Consumo dentro do Programa Cores (Plan Proxecta - Consumópolis).
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º e 4º ESO
Organiza: Departamento de Historia.

Martes Maio 28, 2019
Comezo:28/05/2019 08:45

A Consellería de Educación ven de seleccionar ao IES Val do Asma para formar parte da mostra de centros participantes na Avaliación Final da ESO.  Esta avaliación aplicarase ao alumnado matriculado no curso escolar 2018/2019 en cuarto de educación secundaria obrigatoria e terá terá finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo.

Para máis información preme aquí.

Mércores Maio 29, 2019
Comezo:28/05/2019 08:45
Fin:29/05/2019 14:14

A Consellería de Educación ven de seleccionar ao IES Val do Asma para formar parte da mostra de centros participantes na Avaliación Final da ESO.  Esta avaliación aplicarase ao alumnado matriculado no curso escolar 2018/2019 en cuarto de educación secundaria obrigatoria e terá terá finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo.

Para máis información preme aquí.

Xoves Maio 30, 2019
Comezo:30/05/2019 09:35
Fin:30/05/2019 14:15

Alumnado e profesorado de 3º ESO acudirán a Igrexa románica de Nogueira para unha nova toma de contacto relacionada coa actividade Traballando por proxectos que se está a desenvolver durante o curso 18-19 no IES Val do Asma.

Comezo:30/05/2019 11:45
Fin:30/05/2019 12:35

Alumnado de ESO e BAC asistirá a unha charla sobre Antropoloxía e Medicina Legal, impartida polo Médico Forense, Fernando Serrulla.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 4º ESO e 1º BAC
Organiza: Departamentos de Filosofía e Bioloxía.

Venres Maio 31, 2019
Comezo:31/05/2019 11:00
Fin:31/05/2019 11:30

Presentación do cartel elaborado polo alumnado de Plástica de 4º ESO para a exposición "Cobertores de emocións, pan e chocolate" que se inaugura no Pazo de Sabadelle o vindeiro sábado 8 de xuño ás 20.30 horas.

Lugar: IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Plástica coa colaboración do Pazo de Sabadelle.

Preme aquí para ver fotografías da inauguración. 

 

Martes Xuño 04, 2019
Comezo:04/06/2019 11:00
Fin:04/06/2019 13:00

Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO que participaron co Concurso de Carteis Folión de Carros 2019 acuden á presentación do cartel gañador.

Lugar: Casa da Cultura de Chantada.

Organiza: Asociación Amigos do Folión de Carros e  Departamento de Plástica.

Preme na imaxe para ver máis fotografías do evento.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut