You are here14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu

14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu


A Asociación Cultural FICBUEU convoca o 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu que se celebrará do 10 ao 19 de setembro de 2021 na localidade de Bueu e terá como obxectivo a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional.

Aquelas curtametraxes nos que o idioma non sexa o galego ou o castelán deberán ter subtítulos nalgún destes idiomas ou en inglés. As películas poderán estar rodadas en calquera formato, sendo a única esixencia posuír unha copia dixital para a súa visualización e/ou proxección.

De entre todos os curtos recibidos serán seleccionadas:
- Sección Internacional.
- Sección Panorama.
- Sección Galicia.
- Sección España.
- Sección Experimental.
- Sección Xuvenil.
- Sección Infantil.
- Sección Escolas Internacionais

As curtametraxes deberán enviarse a través da plataforma www.shortfilmdepot.com  onde se especifican as condicións de envío. As obras poderán enviarse ata o 15 de abril de 2021 ás 14:00 horas.

A participación está aberta a todas as obras estreadas a partir do 1 de xaneiro de 2020, podendo concorrer creadores ou creadoras de calquera nacionalidade, a condición de que cumprisen os 18 anos. Poderán presentarse obras de calquera xénero, cunha duración máxima de 30 minutos (títulos de crédito incluídos). Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe.

As curtametraxes seleccionadas na Sección Internacional optarán aos seguintes galardóns:

Primeiro premio “Ánfora de ouro”: 2.000 € e trofeo.
Segundo premio “Ánfora de prata”: 1.000 € e trofeo.
Premio do público: 500 €.
Premio mellor curtametraxe galega: 500 €  
Galardón Premio mellor curtametraxe española: 500 €
Galardón Premio mellor curtametraxe experimental: 500 € e galardón Mellor curtametraxe de Facultades e Escolas de Imaxe e Son: 250 € e galardón Mellor curtametraxe de Educación Secundaria: 150 € e galardón
Mellor curtametraxe de Educación Especial, Infantil e Primaria: 150 € e galardón Mellor curtametraxe de Escolas Internacionais: Diploma

https://www.ficbueu.com/