You are hereAs miradas de Isaac, visita en liña para centros educativos

As miradas de Isaac, visita en liña para centros educativos


A Cidade da Cultura propón dúas modalidades de visita virtual da exposición sobre Isaac Díaz Pardo:

Para os cursos da ESO e Bacharelato, o equipo didactico da Cidade da Cultura achegará a mostra ao alumnado intervindo en directo e completando o relato con materias audiovisuais e sonoros.

Para o alumnado do último ciclo de primaria deseñaron unha aventura interactiva con cada aula, propondo un xogo de pistas nas que sexan os propios escolares os que escollan o percorrido da visita e reunan a información necesaria para completar o quebracabezas da mirada de Isaac.

Modalidade 1
- Visitas dirixidas a: alumnado da ESO e Bacharelato
- Duración aproximada: 45 minutos
- Todos os martes, mércores, xoves e venres (salvo festivos)

Modalidade 2
- Visitas dirixidas a: alumnado de último ciclo de Educación primaria.
- Duración aproximada: 45 minutos
- Todos os martes, mércores, xoves e venres (salvo festivos)

Calendario:  ata o 26 de marzo de 2021
Quendas  ás 10.00h e ás 12.30h
As quendas asignaranse por orde de solicitude

Como será a visita
As visitas realizarase a través da plataforma de videoconferencias webex.
Estarán conducidas polo persoal do Servizo de Educación e Mediación da Cidade da Cultura, permitindo a participación e diálogo activo co alumnado e profesorado.

Tras a confirmación da reserva, o centro de ensino recibirá as instrucións para conectarse e, o propio día da visita, o enlace para acceder á videoconferencia.

Realizarase unha proba técnica 30 minutos antes do inicio da visita.

Reservar
Se es docente e estás interesado/a en que o teu alumnado participe nas visitas didácticas en liña, podes reservar cumprimentando o formulario e remitíndolo ao enderezo visitasdidacticas@cidadedacultura.org

Máis información nos teléfonos 881 997 564 (de 8.30 a 14h)

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/visitas-didacticas-en-lina-miradas-de-isaac