You are hereII Premio de oratoria "Filomena Dato"

II Premio de oratoria "Filomena Dato"


A Asociación Cultural Lisístrata convoca o II Premio de Oratoria "Filomena Dato" para alumnado dos diferentes ciclos de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética, narrativa e discurso– do idioma galego e o feminismo, ademáis de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do século XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século.

O tema deste ano será "mansplaining". No verán de 2020, convidaron á Real Academia Galega (RAG) a que inclúa este termo no seu diccionario.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de xullo de 2021 e farase no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com 

O acto de entrega farase coincidir co domingo máis próximo ao 26 de xullo, aniversario do nacemento de Filomena (en 2021 será o 25 de xullo).

Para máis información http://lisistrata-asociacion.blogspot.com/p/premio-filomena-dato.html