You are here Acción de Verán. CAMPAÑA DE VERÁN 2020

Acción de Verán. CAMPAÑA DE VERÁN 2020


A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2019.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de Verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

A Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

 

 

 

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

 

CAMPAMENTOS 2019

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo,  agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!

Descarga toda a información dos campamentos.

 

 

DATA DO SORTEO: 


O sorteo público terá lugar o mércores, 29 de maio, ás 12 horas, na sala de prensa da Consellería de Política Social, na 3ª planta das dependencias desta consellería, no edificio administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

RESULTADOS:

- Listaxe de adxudicados na campaña de verán 2019

- Listaxe de reservas na campaña de verán 2019

- Lista de adxudicados exentos de pagamento

Documentación que hai que presentar (FASE DE ADXUDICACIÓN)

     Anexo VI - Cuestionario de saúde e autonomía persoal Galego | Castelán

    Declaración de saber nadar Galego | Castelán | PDF

    Autorización fotografías Galego | Castelán | PDF

    Autorización para actividade de paintball (Chacotes) Galego | Castelán | PDF

    Autorización abandono de actividade

    Autorización recollida dos/as nenos/as Galego | Castelán | PDF

    Información importante Galego | Castelán | PDF

    Anexo VIII Renuncia de prazas e Devolución de cotas Galego | Castelán

    INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O PAGAMENTO | PDF

Accede no seguinte enlace ás CARTAS INFORMATIVAS

FASE DE RESERVAS:

Anúnciase a apertura da fase de reservas (lista de espera) o venres, día 21 de xuño (para os campamentos da primeira quincena de xullo) conforme ao sinalado no artigo 10 da orde reguladora.

Anúnciase a apertura da fase de reservas (lista de espera) para o resto dos campamentos de xullo e agosto para o luns 1 de xullo. As chamadas faranse progresivamente tendo en conta a data de inicio das diferentes quendas.

FASE DE RESULTAS:

Anúnciase a apertura da fase de resultas o mércores, 26 de xuño, conforme ao sinalado no artigo 11 da orde reguladora.

As prazas dispoñibles para resultas iranse actualizando a medida que se esgoten as listas de reserva dos respectivos campamentos.

A solicitude de prazas poderase efectuar en horario de 9:00 a 14:00 horas, en días laborables agás os sábados, nos teléfonos que se publicarán neste apartado.

 

CONSULTA PRAZAS DE RESULTAS

 

  CAMPOS DE VOLUNTARIADO 2019

Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc. 

ACTIVIDADES DE 18 A 30 ANOS

Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 30 anos.

 

 

Voltar

  

OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)

A Consellería de Política Social  é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde, e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a Campaña de Verán 2019.

Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí

Enlace: Información Xeral

Enlace: Prazas dispoñibles fase resultas