You are hereXuvenciencia 2020

Xuvenciencia 2020


Xuvenciencia 2020

A Universidade de Santiago de Compostela convoca XuvenCiencia 2020, que se reinventa en tempos de coronavirus e desescalada e lanza un Campus de Verán en Rede

Cando e onde ten lugar?
Do 29 de xuño ao 3 de xullo 2020, cadaquén na súa localidade… e na Nube.

Aloxamento
Xa sabes que son tempos de #QuedanaCasa…, pero Lumieira estará presente unha vez máis!!!

Ollo aí:  o Campus XuvenCiencia en Rede non é un seminario virtual; terás que saír a tomar datos e facer traballo de campo e, se na túa vila ou contorna hai varios matriculados/as, animámosvos a formar pequenos grupos de investigación. (Sempre cumprindo as recomendacións de seguridade e baixo a supervisión dos vosos pais/nais/titores!!!).

Quen pode participar?
Estudantes de 4º ESO e BAC. Aberto a alumnado de toda España.

Que hai que facer para participar?
Matriculate no proxecto que máis che guste! Hai 6 proxectos dispoñibles
O luns, día 8 de xuño, abriranse os formularios de matrícula.

Que se pretende?
Non é doado substituír a convivencia e o clima que se xera no Campus de Verán XuvenCiencia, pero tampouco queren deixarche sen unha alternativa para:
Que coñezas a ciencia e a tecnoloxía de primeira man.
Fomentar o teu interese polas titulacións científicas, técnicas, sociais e humanísticas.
Facilitarche información para que poidas elixir mellor.
E, sobre todo, que fagas novas amizades e que o pases ben!

https://xuvenciencia.org/campus/gl/