You are hereNortear, concurso de relatos

Nortear, concurso de relatos


Nortear, concurso de relatos

O premio literario Nortear, Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.

O premio ten como obxectivos:
a) Promover a aparición de novos escritores
b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción
c) Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras

Participantes:
Poden participar no premio Nortear todas as persoas, nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa e en lingua galega.

O premio terá unha dotación económica de 3.000 €
As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.

Debido á actual situación de emerxencia sanitaria como consecuencia do coronavirus, o envío dos relatos ao concurso realizarase por correo electrónico nun arquivo .zip titulado co pseudónimo do candidato e que deberá incluír a obra e os anexos solicitados.  O envío farase a arodrigues@gnpaect.eu

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 30 de xuño de 2020.

Bases:  https://www.gnpaect.eu/portal-transfronterizo/cm/files/get?id=20191205094632445_RegulamentoGal.pdf
Modificacion do sistema de entrega de obras:  https://www.instagram.com/p/B_UPqupDzmC/