You are hereX Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero

X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero


X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero

O IES San Clemente organiza o X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero

Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero.

Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada co autor ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta, etc, sobre a súa obra en galego. Evitar o uso de bandeiras, escudos e símbolos similares.

- Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos.
- Admitiranse un traballo como máximo por cada participante.
- Cada marcador deberá ter dúas caras.
- Medidas: 18×5 cm.
- Os traballos deberán ser presentados en formato PNG, con resolución 300dpi.
- Os traballos deberán enviarse a edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais.

O IES San Clemente realizará unha exposición con todos os traballos presentados a concurso.

O prazo de admisión será até o 6 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”.

Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, en material escolar e informático. Se a calidade dos traballos o merece, ampliaranse os premios.

https://www.iessanclemente.net/2020/03/18/10o-concurso-europeo-de-marcapaxinas/