You are hereXurado de mozas e mozos para o 18º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de San Sebastián

Xurado de mozas e mozos para o 18º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de San Sebastián


Xurado de mozas e mozos para o 18º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de San Sebastián

O Concello de San Sebastián e Donostia  Kultura buscan a 150 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos para formar o Xurado Novo que elixirá o mellor curto do Concurso Internacional de Curtametraxes do 18º Festival de Cinema e Dereitos Humanos de San Sebastián, que este ano se celebra entre o 23 e o 30 de abril.

O Festival pretende impulsar unha conciencia crítica ao redor dos dereitos humanos, así como axudar a construír unha sociedade baseada en valores como a solidariedade, a diversidade, a xustiza social, a liberdade ou a igualdade de oportunidades, entre outros.

Entregaranse dous abonos para as sesións do Teatro Vitoria Eugenia da 31º Semana de Cinema Fantástico e de Terror de San Sebastián aos e as mozas que fagan de Xurado Novo.

O premio á mellor curtametraxe está dotado de 3.000 euros e o xurado valorará as longametraxes segundo criterios de sensibilización sobre os dereitos humanos, así como da súa calidade cinematográfica.

Nesta edición, compiten curtos de temática social procedentes de diferentes países e festivais internacionais. Ademais das proxeccións organízanse diferentes coloquios, talleres e exposicións.

Para formar parte do Xurado hai que inscribirse antes do 31 de marzo a través de www.cineyderechoshumanos.eus