You are hereAdiccións: O teu punto de mira

Adiccións: O teu punto de mira


Adiccións: O teu punto de mira

A Asociación PDS, Promoción e Desenvolvemento Social no marco do Programa “O teu Punto” de prevención de riscos derivados do consumo de drogas e outras condutas aditivas entre estudantes convoca o 9º Concurso de clipmetraxes de prevención de riscos derivados do consumo de drogas e outras condutas: ADICCIÓNS: O teu PUNTO DE MIRA.

O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 18 de maio de 2020 .

- Poden participar estudantes de calquera universidade española e estudantes de ensinos post-obrigatorios (bacharelato, ciclos formativos e ensinos de réxime especial)
- O vídeo ten que ser inédito e colgarse nunha web pública (como Youtube, Vimeo, etc.) que permitan a súa visión pública e poder incrustalo na web.
- A súa duración máxima -créditos aparte- é de 2 minutos.
- Debe estar relacionado coa prevención de drogas ou outras condutas aditivas (xogo patolóxico online e xogos de azar  online).
- Tense que dispoñer os dereitos de imaxe e música.
- Reparte cinco premios entre 400 e 1.200 €

https://www.tupunto.org/9o-concurso-universitario-adicciones-tu-punto-de-mira/