You are hereE ti, que?

E ti, que?


E ti, que?

O concurso "E ti, que?" está organizado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) dirixido a  mozos e mozas de toda España. Poderán presentarse ao concurso, traballos realizados por mozos/as ou grupos de mozos/as sen un mínimo de compoñentes, pertencentes a centros educativos ou asociacións xuvenís.

As modalidades de presentación, cuxo contido debe estar baseado nun ou varios dos temas presentes en "E ti, que pensas?" e "E ti, que sentes?", son catro:

- Soporte escrito:  reflexións, ensaios, contos, poesías, obras de teatro, textos de aprendizaxe e calquera outro tipo de produción cuxo soporte sexa a linguaxe escrita.

- Expresión artística:  fotografía, pintura, escultura, cómic, música, cancións, carteis, adhesivos e calquera outro tipo de expresión artística non incluída noutras categorías. Só se poderá presentar unha produción por grupo/persoa.

- Soporte audiovisual:  vídeos, montaxes audiovisuais,  diaporamas… cuxa exposición non poderá exceder os vinte minutos. Tamén fotografías que poden ser únicas ou coleccións cun número máximo de dez imaxes.

- Outros:  inclúense as presentacións que polas súas características non pertencen a ningunha das categorías anteriores tales como xogos didácticos, itinerarios, aplicacións informáticas, etc. Só se poderá presentar unha produción por grupo/persoa, debendo ser de fácil comunicación.

Todos os traballos presentados deberán indicar, exclusivamente:
- O seu título.
- Unha breve explicación audiovisual do proceso de creación e do sentido ou obxectivo que ten o traballo ou produto presentado.
- Datos de contacto da persoa adulta responsable do grupo que o elaborou (profesor, guía ou monitor do grupo, etc).
- Datos do centro ou asociación ao que pertence o grupo.
- Non será necesario, en ningún caso, indicar os datos dos e as adolescentes participantes no grupo, só o número de membros que o integran.
- Declaración da persoa responsable do grupo de que posúe as pertinentes autorizacións de dereitos de imaxe dos e as adolescentes que aparezan e de que os poñerá ao dispor da  FAD cando se lle requirisen, no seu caso.

O prazo para enviar os traballos será o 2 de xuño de 2020 ás 23:00 horas

O premio consistirá nuns cascos inalámbricos (ou produto tecnolóxico similar) para cada membro do grupo de mozos premiado e outro para o seu "guía-titor".

O criterio de valoración para a adxudicación dos premios será, principalmente, a calidade, orixinalidade, e profundidade dos traballos presentados ou reflexións realizadas no blogue, sempre cunha clara vinculación a calquera dos contidos dos programas 'E ti, que pensas?' ou 'E ti, que sentes?'.

Máis información
Fundación de Axuda contra a Drogadicción
Teléfono 91 383 8348
https://www.campusfad.org/ytuque/concurso/