You are hereFRANCISCO CASTRO: IRIDIUM

FRANCISCO CASTRO: IRIDIUM


 

O alumnado leu con moito pracer a obra. Todos coinciden en valorar moi positivamente a novela.

Comentáronse con moito interese algunas das temáticas da obra e das particularidades da súa protagonista. Así, algúns dixeron que lles encantaría ter un ollo de cada cor, por exemplo.

Respecto á problemática dos accidentes de tráfico por imprudencias dos conductores, valorouse a importancia das campañas de Tráfico e reflexionouse sobre o problema dos remorsos daquel que tivo a culpa. Considérase que esta temática está moi ben elixida por parte do autor porque é un asunto terrible que, por desgraza, afecta de forma próxima e que moitos coñecen por experiencias de achegados.

Outro tema moi interesante é o do dano cerebral adquirido, DCA, que leva a debater sobre a situación das persoas con discapacidade e como actuar con elas, tanto desde o punto de vista individual como social.

Outro asunto que se tratou foi o das redes sociais e o seus perigos, salientando os relacionados coa falsidade e a obsesión coa imaxe. Foi tal o interese que espertou este último tema, que se decidiu facer un Faladoiro sobre el.