You are hereConsumópolis14: Pola túa seguridade sabes o que consumes?

Consumópolis14: Pola túa seguridade sabes o que consumes?


Consumópolis14: Pola túa seguridade sabes o que consumes?

A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición organiza o concurso escolar Consumópolis14: Pola túa seguridade sabes o que consumes?
O obxectivo do concurso é promover a reflexión, de forma consciente, crítica e solidaria, sobre distintos aspectos do consumo responsable mediante a realización das actividades que se propoñen nas dúas partes das que consta o concurso

A participación no Concurso materializarase a través das actividades que deberán desenvolver os concursantes no portal de Internet Consumópolis, www.consumopolis.es  seguindo as instrucións xerais de participación que alí se detallan.
O equipos deberán ser inscritos polo docente coordinador directamente no portal de Internet de Consumópolis.

Participantes: escolares que estean matriculados en calquera centro público, concertado ou privado do territorio nacional en calquera dos seguintes  niveis:
a) Nivel 1: Quinto e sexto cursos de Educación Primaria.
b) Nivel 2: Primeiro e segundo cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Nivel 3: Terceiro e cuarto cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.
A inscrición farase por equipos de 5 concursantes.

O período de inscrición dos equipos estará aberta ata o 15 de febrero de 2019.

Na primeira parte do concurso, os cinco integrantes do equipo deberán completar o percorrido pola cidade de Consumópolis resolvendo diversas probas, de carácter pedagóxico e lúdico, que se presentarán aos participantes ao longo deste.
Os concursantes poderán completar o percorrido pola cidade de Consumópolis ata o 22 de marzo de 2019.

Considérase que un equipo finalizou esta primeira parte e, por tanto, pode continuar coa súa participación no concurso e realizar a segunda parte, cando os cinco membros do equipo completasen o percorrido. Entenderase completado o percorrido polos participantes despois de realizar as seguintes probas: «Ordena as letras», «Catro imaxes para unha palabra», «O mellor dos catro», «Cadea de preguntas» e «Verdadeiro/Falso». Todas estas probas son obrigatorias.

A segunda parte, coa que se pretende fomentar o traballo en equipo, consiste no deseño, elaboración e presentación dun produto novo orixinal coa súa correspondente etiqueta obrigatoria.

Premios:
Os organismos competentes en Consumo das Comunidades Autónomas organizadoras do Concurso establecerán os premios que se concederán aos respectivos gañadores autonómicos.
Os premios nacionais do Concurso consistirán nun ordenador portátil ou tableta para cada un dos cinco concursantes e o profesor que coordinase os equipos gañadores.
Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores.
Os colexios aos que pertenzan os equipos gañadores, recibirán un premio en metálico de 2000 € e un diploma acreditativo para o centro.

Máis información en www.consumopolis.es