BOTÁNICOS REBELDES
Dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía queremos colaborar na celebración do Día das Letras Galegas co departamento de Lingua Galega dun xeito moi especial: converténdonos a todos en Botánicos Rebeldes. Como? Amosándolle á nosa veciñanza como se lles chama a esas plantiñas que medran por tódalas partes, entre os muros, nas beirarrúas, na calzada… o seu nome en galego e o seu nome científico, escribindo con xiz eses nomes na beira daquelas que sexamos quen de identificar.
Colaborando crearemos unha presentación coas fotografías, que logo mostraremos a todos na web do noso instituto.
Tedes adxunto o arquivo coas instrucións para realizar a actividade.
Animádevos todos a participar!!!