Skip to Content

O MAIO DAS LETRAS: BOTÁNIC@S REBELDES

BOTÁNICOS REBELDES

Dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía queremos colaborar na celebración do Día das Letras Galegas co departamento de  Lingua Galega dun xeito moi especial: converténdonos  a todos en Botánicos Rebeldes. Como? Amosándolle á nosa veciñanza como se lles chama a esas plantiñas que medran por tódalas partes, entre os muros, nas beirarrúas, na calzada… o seu nome en galego e o seu nome científico, escribindo con xiz eses nomes na beira daquelas que sexamos quen de identificar.

Imaxe de exemplo

 

Colaborando crearemos unha presentación coas fotografías, que logo mostraremos a todos na web do noso instituto.

Tedes adxunto o arquivo coas instrucións para realizar a actividade.

Animádevos todos a participar!!!

AnexoTamaño
BOTANICOS REBELDES IES REGO DE TRABE.pdf521.09 KB


blog | by Dr. Radut