Skip to Content

ESA

Educación Secundaria para Persoas Adultas

Educación Secundaria de Persoas Adultas [ESA]

El estado de ánimo alegre. grupo de personas en conferencia de negocios en el aula moderna durante el día

Modalidade

  • No I.E.S. Pedro Floriani desenvólvese unicamente a Modalidade Presencial.

Destinatarios/as

  • Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.
  • Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que conten coa autorización da Dirección do Centro e ademais cumpran con algún dos seguintes requisitos fixados pola Consellaría de Educación:
    • Están desenvolvendo unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa (contrato) e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
    • Están en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.
    • Se concorren outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Xefatura Territorial de Pontevedra poderá autorizar a cursar as ensinanzas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.

Organización

Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. 

  • Módulo I e Módulo III: Setembro - Febreiro. Avaliación Extraordinaria: Maio.
  • Módulo II e Módulo IV: Febreiro - Xuño. Avaliación Extraordinaria: Setembro.

 Cada módulo organízase en tres campos de coñecemento:

  • Ámbito de Comunicación.
  • Ámbito de Sociedade.
  • Ámbito Científico-Tecnolóxico.

Duración

Estas ensinanzas poden realizarse, con carácter xeral, en dous anos académicos.

As persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.

Avaliación

Cada profesor/a indicará ao longo do curso como avaliará o seu ámbito, para o que poderá contar con calquera tipo de instrumento de avaliación (exames, traballos…).

O alumnado non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior.

Materiais

Os materiais e canles que se empreguen para o desenvolvemento de cada materia (libros, aulas virtuais, textos…) serán os que indique cada profesor/a en cada ámbito.

Matrícula

A información relativa á matrícula pode atoparse no apartado correspondente da sección Trámites da web.

Distribuir contido


by Dr. Radut