Skip to Content

Pagina nueva 1

Oferta Educativa

PRAZOS DE ADMISIÓN PARA FORMACIÓN PROFESIONAL

Información xeral de admisión. Curso 2019/2020

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

 

SOLICITUDE DE RESERVA DE ALUMNADO EN CENTROS ADSCRITOS

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición:

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 15 de febreiro, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso.

Máis información aquí.

INICIO DOS MÓDULOS II E IV DA ESA

O vindeiro mércores 6 de febreiro comezarán o módulo II e o módulo IV correspondentes ao segundo cuadrimestre da Educación Secundaria de Adultos (ESA).
logo adultos xunta

Oferta Educativa

 

 

 

 

 

 

ENSINANZAS IMPARTIDAS NO IES PEDRO FLORIANI  

Réxime  

 

Ordinario

Adultos

ESO

 

 

Dúas liñas (1º, 2º, 3º e 4º)

x

 

ESA M I,II e M III, IV

 

x

Bacharelatos

 

 

Ciencias e Tecnoloxía

x

 

Humanidades e Ciencias Sociais

x

 

Familia de Electricidade e electrónica

 

CM  Instalacións de telecomunicacións

x

 

Familia de Administración e finanzas

 

 

CM Xestión Administrativa

x

 

CS Administración e finanzas

x

 

Formación Profesional Básica

 

 

F. P. Básica de Servizos Administrativos

x

 

F. P. Básica de Electricidade e Electrónica

x

 

CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

Tríptico informativo

Tes máis información deste ciclo no Departamento de Administración

CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

Tríptico informativo

Tes máis información deste ciclo no Departamento de Administración

Distribuir contido


by Dr. Radut