Skip to Content

Biblioteca

Biblioteca

A biblioteca do Floriani, que forma parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) desde o ano 2010, é un espazo aberto a todos os membros da comunidade escolar, un espazo de intercambio de ideas, de traballo en equipo, de lecturas, de xogos, de vivencias, de proxectos… un microcosmos inclusivo e acolledor onde non sobra ninguén.

 

Ademais do espazo da propia biblioteca, recentemente reformado, este ano púxose en marcha no primeiro piso do edificio principal unha “aula do silenzo” durante os recreos, para que as persoas que queren estudar o poidan facer máis comodamente.

 

En canto aos recursos materiais, na biblio contamos cunha ampla colección de fondos, que se renova ano a ano con novas incorporacións. Na súa meirande parte está formada por libros, pero tamén podes atopar xogos, películas, publicacións periódicas...

 

- Se queres consultar o noso catálogo pincha AQUÍ. Ademais, accedendo  coas túas claves podes xestionar os teus préstamos e facer suxestións de compras, entre outras cousas.

 

- Como membros do PLAMBE, a Asesoría de bibliotecas pon á nosa disposición o programa ELBE 2 de préstamo de libros dixitais, con máis de 3000 títulos dispoñibles. Todo o alumnado do centro, así como profesorado e persoal non docente, dispón das claves para acceder. Se tes dúbidas ou precisas axuda, pasa pola biblioteca.

 

- ¿Queres seguir as nosas novidades? Sigue o noso blog: Bibliofloriani 

A BIBLIOTECA TAMÉN EN INSTRAGRAM

A biblioteca do instituto está en Instagram, síguenos para estar ao día en todas as novidades!!

 

Síguenos tamén en https://www.instagram.com/biblioiespedrofloriani

 

Distribuir contido


by Dr. Radut