Skip to Content

Bacharelato

AXUDASLE: Listaxe provisional alumnado admitido e suplente

Publicadas as listaxes provisionais do alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024.

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Onte, día 29 de abril foi publicada a CORRECCIÓN DE ERROS da listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24): https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43021

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2024

Publicada a Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en rexime de concorrencia competitiva.

XUNTANZA COAS FAMILIAS DE BACHARELATO

A xuntanza de inicio de curso coas familias terá lugar o vindeiro luns día 9 de outubro de 2023, de acordo ao seguinte horario:

  • 18:30 h. 1º de Bacharelato
  • 19:00 h. 2º de Bacharelato

O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor, a orientadora e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán a xuntanza na aula de referencia.

Prégase que na medida do posible, só acuda un proxenitor/a de cada alumno/a debido á falta de capacidade do salón de actos.

CALENDARIO EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2ºBACHARELATO_2023

Parabéns a todos os titulados na convocatoria ORDINARIA !!

Agora toca o último esforzo.  Neste enlace podedes acceder a toda a inform. ABAU_23

O alumnado que ten algunha materia suspensa tendes clases de recuperación no voso horario normal de todo o curso e no adxunto tendes o Calendario dos exames da convocatoria extraordinaria.

DESEÑO CURRICULAR DO BACHARELATO LOMLOE NO NOSO CENTRO

Nesta Imaxe podes facerte unha idea pero para poder analizar ben a configuración dos 2 cursos de bacharelato ofertados no noso IES descarga os adxuntos da parte inferior da imaxe.

O 1º Bach. foi implantado no curso 22_23 e o 2º curso implantarase no curso 23_24

CALENDARIO EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO


aval extraord 2 bach

Dia 23 de xuño de 9 a 10h sesións avaliación e ás 14:30h publicación de notas por Abalar.

Reclamacións Convocatoria Extraordinaria, na secretaría do IES, os días  24 e 25 xuño ata ás 14:00h.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

Dende hoxe venres 23 de abril, pódese consultar a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2021/2022 no IES PEDRO FLORIANI.

Consonte a normativa vixente, a listaxe pode ser consultada no centro en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Se precisa información detallada da puntuación do baremo pode ser consultada polo/a interesado/a na secretaría do centro de 09:00 a 13:00 horas (ata o 30 de abril).

O prazo de reclamacións abrangue dende o luns 26 ata o venres 30 de abril.

A listaxe definitiva de alumnado admitido publicarase o día 14 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut