Skip to Content

Matrícula

Proceso de matrícula na ESA en liña

Matrícula

Ver cosechado de la mujer rellenar formulario de solicitud Foto gratis

Matrícula

O alumando que desexe incorporarse ás ensinanzas de Educación Secundaria para Persoas Adultas deberán cubrir e presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de Matrícula. Pódese descargar aquí.
  • Declaración de non estar escolarizado/a nas mesmas ensinanzas noutro centro. Pódese descargar aquí.
  • Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a.
    • No caso de ser menor tamén deberá achegarse a fotocopia do DNI da nai, pai ou titor/a legal.
  • Fotocopia NUSS (Número de Usuario/a da Seguridade Social).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Resgardo do pagamento do seguro escolar en Abanca, Suc. Redondela.

  Nº Conta: ES49 2080 5450 7530 4011 7398 (1,12‎€) [só as persoas menores de 28 anos].

  • Fotocopia compulsada do contrato laboral [só as persoas menores de 18 anos e maiores de 16, que non cursaran ensinanzas de FPB/PCPI].
  • Autorización do Alumnado Menor de  Idade [só as persoas menores de 18 anos e maiores de 16]. Pódese descargar aquí.

O alumnado menor de idade debe cumprir os requisitos fixados pola Consellaría de Educación e contar coa autorización da Dirección do Centro.

Ao formalizar a matrícula deberá terse cuberta a Autorización do Alumnado Menor de Idade.

Unha vez cuberta documentación poderá presentarse de dous xeitos:

1.- Telematicamente.

    • Descárganse os documentos (Solicitude de Matrícula e Declaración de non estar escolarizado/a) e cúbrense no ordenador.
    • Envíase toda a documentación como arquivo adxunto ao email do instituto: ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal. No asunto do correo electrónico debe figurar ‘MATRÍCULA: Curso_Nome alumna ou alumno’.

Dende o I.E.S. Pedro Floriani pregamos que se empregue preferentemente a modalidade telemática de envío dos formularios se é posible.

2.- Presencialmente.

    • Solicitarase cita previa enviando un correo co asunto “MATRÍCULA: Cita_Nome alumna ou alumno a citapreviafloriani@gmail.com.
    • Posteriormente descargaranse os documentos, imprimiranse na casa e levaranse xa asinados ao centro.


Calquera incidencia ou dúbida que poida xurdirlle ao alumnado sobre o proceso de matriculación, pode consultala no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal ou no teléfono 886 12 04 13.

Distribuir contido


by Dr. Radut