Skip to Content

Info Probas Acceso Grao Superior

Información para as Probas de Acceso a Ciclos de Grao Superior

Info Probas Acceso Grao Superior

Mano escribiendo en un papel con un bolígrafo Foto gratis

Modalidade

  • As Probas de Acceso a Ciclos de Grao superior realízanse en Modalidade Presencial nalgún dos centros indicados na resolución correspondente.

Requisitos de Acceso

  1. Ter 19 anos ou cumprir esa idade no ano en que se realiza a proba.
  2. Non cumprir os requisitos académicos exixidos para acceder a este tipo de estudos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Organización

As Probas de Acceso a Cliclos de Grao Superior desenvólvense nunha proba que se divide en 2 partes.

  • Parte Común.
    • Lingua Galega.
    • Lingua Castelá.
    • Matemáticas.
  • Parte Específica. En función das familias profesionais e os ciclos formativos, escolleranse 1 das 3 opcións que aquí se presentan, elixindo 2 das 3 materias das que se desexe ser examinado/a.
    • Opción A:
      • Economía da Empresa.
      • Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
      • Filosofía.
    • Opción B:
      • Debuxo Técnico.
      • Tecnoloxía Industrial.
      • Física.
    • Opción C:
      • Ciencias da Terra e Ambientais.
      • Química.
      • Bioloxía.

Duración

Os exames de cada un dos tres ámbitos realízanse ao longo dun mesmo día entre a mañá e a tarde.

Modelos de Exame

Podes consultar aquí os exames realizados outros anos.

Materiais

Podes atopar aquí os contidos e criterios de avaliación.

Matrícula

A información relativa á matrícula pode atoparse no apartado correspondente da sección Trámites da web.

Distribuir contido


by Dr. Radut