Modalidade
- As Probas Libres para Persoas Adultas realízanse en Modalidade Presencial nalgún dos centros indicados na resolución correspondente.
Requisitos de Acceso
- Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano en que se realiza a proba.
- Non estar en posesión do título de bacharel ou calquera outro equivalente a efectos académicos.
- Non estar nin ter estado matriculado/a no curso actual nas ensinanzas de bacharelato.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Organización
As Probas Libres desenvólvense en dúas modalidades.
- Ciencias
- Humanidade e Ciencias sociais.
A proba constará de dous exercicios:
- 1º Exercicio [Comúns]: 5 horas e 30 minutos.
- Descanso: 2 horas.
- 2º Exercicio [Específicas]: 3 horas e 30 minutos.
Duración
Os exames de cada un dos tres ámbitos realízanse ao longo dun mesmo día entre a mañá e a tarde.
Modelos de Exame
Podes consultar aquí os exames realizados outros anos.
Materiais
Podes atopar os materiais aquí.
Matrícula
A información relativa á matrícula pode atoparse no apartado correspondente da sección Trámites da web.