Skip to Content

Información

Educación de Persoas Adultas

Clase de e-learning y tecnología digital de e-book en concepto de educación con computadora pc Foto gratis

Introdución

A oferta educativa para persoas adultas en Galicia permite que as persoas maiores de idade poidan adquirir, completar ou ampliar os seus coñecementos, aptitudes e competencias que lle permitan desenvolverse profesional e persoalmente. Este ensino ten as seguintes caraterísticas:

  • É gratuíto e voluntario.
  • Ten validez académica oficial para continuar outros estudos ou para a inserción no mundo laboral.

Modalidades

  • Presencial.
    • As clases lectivas desenvólvense no centro os cinco días da semana.
    • A asistencia é obrigatoria todos os días.
  • Semipresencial.
    • As clases lectivas desenvólvense no centro un día á semana.
    • O alumnado ademais dispón de horas de titoría para consulta, asesoramento ou orientación.
    • A asistencia é o día de clase lectiva.
  • A distancia.

Oferta Educativa

  • Ensinanzas Básicas Iniciais [E.B.I.].
    • Nivel I. Impártense as destrezas básicas de lecto-escritura e cálculo (Alfabetización), ou a mellora das mesmas (Neolectores).

Equivale a unha formación ata 3º de Educación Primaria.

    • Nivel II. Enfócase ás persoas que, dominando o Nivel I, non teñen ningunha titulación académica e pretenden desenvolver algunha das seguintes opcións:
      • Participar na vida social e cultural de xeito activo.
      • Consolidar as técnicas de lecto-escritura e cálculo.
      • Acceder á Educación Secundaria para persoas Adultas.

Equivale a unha formación ata 6º de Educación Primaria.

  • Educación Secundaria para Persoas Adultas [E.S.A.].
    • Impártense os coñecementos e competencias que se desenvolven na Educación Secundaria.

Desenvólvese en 4 módulos que equivalen ao nivel correspondente da ESO.

  • Módulo I → 1º ESO.
  • Módulo II → 2º ESO.
  • Módulo III → 3º ESO.
  • Módulo IV → 4º ESO.
  • Bacharelato para Persoas Adultas.
    • Impártense os coñecementos e competencias que se desenvolven no Bacharelato.

Desenvólvese en 2 cursos como sucede no Bacharelato regular.

  • 1º de Bacharelato.
  • 2º de Bacharelato
  • Galego e Castelán para Persoas Inmigradas.
    • Impártense os coñecementos e competencias básicas para que as persoas doutros países residentes en Galicia poidan adquirir a lingua galega e/ou castelá.
  • Probas Libres.
    • Desenvólvense procesos de avaliación a través da realización de exames que permiten adquirir obter o título de:
      • Educación Secundaria.
      • Bacharelato.
      • Formación Profesional.

Centros

Pódese consultar a rede de centros nesta ligazón.

Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut