Skip to Content

Actividades

Produtos responsables

Aquí tedes os produtos de consumo responsable que os equipos participantes no concurso Consumópolis enviaron ao Instituto Galego de Consumo a semana pasada.

Empaquetando os produtos de consumo responsable

Xa están os produtos empaquetados e listos para seren enviados. Remátanse polo tanto as xuntanzas no taller.

Agora a rapazada terá que elaborar unha memoria na que se reflicta todo o traballo realizado, así como a súa experiencia e o aprendido durante o trasncurso do proxecto.

Ánimo! Recta final consumópolis!

Rematamos a 2ª fase de Consumópolis!

A semana pasada rematamos o traballo da 2ª fase de Consumópolis. Tras unha xornada de traballo na aula de informática, conseguimos subir á plataforma as fotos e as fichas técnicas dos nosos produtos de consumo responsable.

Soamente nos falta envialos por correo.

Sprint final!

Primeiros resultados!

O traballo vai progresando... e xa se nota! Algún equipo xa está a rematar o seu prototipo ou maqueta. Nesta foto mostrámosvos un anaquiño dun deles, pero "ata aquí podemos ler".

Agora toca completar a redacción e imprimir as etiquetas e fichas explicativas adxuntas, e preparar as embalaxes para o envío dos produtos.

Que pouco falta para a recta final, a continuar traballando!

Finalistas do concurso #eusonpilabot

Xa se coñecen os finalistas do concurso de fotografía creativa #eusonpilabot: Fátima Ferrín (1ºA), Carla Sar (1ºB), Paula Vázquez (1ºB), Juanma Pérez (3ºB), Mouna Thiam (3ºC) e María Lema (4ºA). Parabéns rapazas e rapaz! Nesta ligazón podedes acceder ás súas fotos.

Para decidir os 3 gañadores/as, a páxina de Facebook de Pilabot rexistrará os "gústame" que reciban as fotos finalistas e premiaranse aquelas que máis "likes" ("gústame", "encántame", "sorpréndeme") obteñan. Poderase votar ata o 10 de febreiro.

Entrade e mirade, e se vos gustan as fotos, premede! Aquí vos deixamos á ligazón ao álbum das fotos finalistas: http://bit.ly/FinalistasEusonpilabot19. Moita sorte!

Traballando polo consumo responsable

Custou, pero parece que por fin van saíndo ideas dalgún produto que cumpre cos requisitos que busca a rapazada do proxecto "Repensa a túa despensa": responsable, saudable, sostible e solidario. Sen esquecer que cada equipo debe procurar tamén que sexa algo novidoso e orixinal e ten que achegar unha etiqueta e unha ficha técnica, con nome e slogan incluídos.

En vaia lea andan metidos... Sorte a todas e todos!

Distribuir contido


by Dr. Radut