Skip to Content

Actividades, Novas, Ligazóns de interese, Repensa a túa despensa

Traballando polo consumo responsable

Custou, pero parece que por fin van saíndo ideas dalgún produto que cumpre cos requisitos que busca a rapazada do proxecto "Repensa a túa despensa": responsable, saudable, sostible e solidario. Sen esquecer que cada equipo debe procurar tamén que sexa algo novidoso e orixinal e ten que achegar unha etiqueta e unha ficha técnica, con nome e slogan incluídos.

En vaia lea andan metidos... Sorte a todas e todos!

Reutilización sen ruídos

Un bo exemplo das boas prácticas dun dos 3 R: a  reutilización. Grazas á doazón de pelotas de tenis deterioradas, consideradas xa refugos, por parte do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, puidemos completar varias aulas con "cadeiras silenciosas".

Paralelamente, e dado que o obxectivo desta iniciativa é reducir o nivel de ruído no centro, contribuímos así a concienciar sobre a problemática da exposición a ambientes pouco saudables acusticamente.

Para saber máis sobre o impacto na audición, na saúde en xeral, na calidade de vida e no medio ambiente, preme en: Sociedade Española Acústica, "Escoitar sen riscos" (artigo da OMS).

Que é o consumo responsable?

Nesta entrada facilitámosvos os enderezos de varias páxinas web de interese para que vos poidades informar sobre o que significa ser consumidor responsable. Os vídeos explicativos que aparecen nelas son moi ilustrativos e conseguen resumir o concepto de forma clara e sinxela. Botádelle unha ollada!

http://www.consumopolis.es

https://consumidoresresponsables.org

Progresando na 2ª fase do concurso Consumópolis

Imos progresando na 2ª fase do concurso de Consumópolis no que participa o noso proxecto, "Repensa a túa despensa".

Tras finalizar o percorrido pola cidade virtual, os tres equipos de rapazas e rapaces terán que deseñar un produto novidoso, orixinal, sostible, responsable e solidario, que cumpra os requisitos defendidos polo consumo responsable. Non o teñen fácil, pero intentarán poñer todo o seu empeño para conseguir este obxectivo.

Ánimo rapazada! Para ver máis fotos desta xuntanza na biblio, preme aquí.

9 tips para vivir con menos plástico

 

Reducir o uso e o impacto que os plásticos teñen sobre os ecosistemas e a nosa saúde é responsabilidade de todos e todas. Para isto debemos ir á orixe do problema reducindo a cantidade de plásticos que se poñen en circulación e apostando despois pola reutiilización.

Mirade atentamente estes 9 consellos que se mostran na imaxe para reducir o consumo de plástico. Aplicades algún?

Continúa o concurso de recollida de pilas Pilabot

Comezamos este ano 2019 animando ao alumnado do noso centro a seguir participando na iniciativa proposta pola Xunta de Galicia, xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, baixo o nome de Pilabot para a recollida selectiva de pilas.

Ademais, esta semana abriuse o prazo para inscribirse, de forma individual, no concurso de fotografía creativa #eusonpilabot. Todos os alumnos e alumnas interesados serán informados dos requisitos que ha de cumprir a súa fotografía para optar a algún dos premios.

Distribuir contido


by Dr. Radut