Skip to Content

Actividades, Novas, Ligazóns de interese, Repensa a túa despensa

Entrega de premios Consumópolis 14

O pasado 14 de xuño Laura Sar, Noa Tedín, María García e Andrés Parga tiveron unha cita en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública, para recibir o 1º premio a nivel autonómico na categoría correspondente ao alumnado de 1º e 2º ESO, que lles foi outorgado no concurso Consumópolis 14: Pola túa seguridade, sabes o que consomes?

O equipo autodenominado "Canicas" fixo unha exposición de calidade, orixinal e chea da naturalidade que tanto caracteriza a esta rapazada. Avogaron polo consumo responsable defendendo a versatilidade do seu produto, a Reverseta, e fixeron fincapé tamén no impacto social e ambiental da prenda.

Sabes o que comes?

Hoxe, 28 de maio, con motivo da conmemoración do Día Nacional da Nutrición, que celebra a Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética na súa XVIII edición, propoñémosvos resolver este pequeno test (publicado na páxina de antena 3 noticias) para comprobar canto sabedes sobre alimentación saudable.

Animádesvos?

Primeiro premio en Consumópolis

 

O traballo Reverseta, realizado por un grupo de alumnos e alumnas de 2º, vén de acadar o primeiro premio na súa categoría do concurso escolar sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis 14: Pola túa seguridade, sabes o que consomes?

Este grupo de rapaces asistirá o vindeiro 14 de xuño ó acto de entrega de premios que terá lugar en Santiago de Compostela, onde tamén intervirán para explicar como desenvolveron o seu proxecto. Parabéns!

Volven os almorzos saudables!


Xa están de volta os almorzos saudables. Desta quenda, tócalle ao alumnado de 1º e 4º de ESO gozar destas equilibradas propostas para comezar ben o día desde o punto de vista nutricional.

Lembramos que se trata dunha colaboración interdisciplinar das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía, Hábitos saudables e Educación física, coa implicación dos programas DAFIS (espazo Actívate) e Consumópolis.

Para ver as fotos das xornadas, preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut