Skip to Content

Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas administracións públicas

DEREITOS DOS CIDADÁNS, NAS SÚAS RELACIÓNS COAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Título IV: Das actividades das administracións públicas

Capítulo I: Normas xerais

Artigo 35. Dereitos dos cidadáns

 

Os cidadáns, nas súas relacións coas administracións Públicas, teñen os dereitos seguintes:

 

a. A coñecer, en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesados, e obter copias de documentos contidos nelas.

b. A identificar ás autoridades e mais ao persoal ao servizo das administracións públicas baixo dos que estea a responsabilidade de tramitar os procedementos.

c. A obter copia selada dos documentos que presenten, achegándoa canda os orixinais, así como á devolución destes, agás cando os orixinais deban obrar no procedemento.

d. A utilizar as linguas oficiais no territorio da súa comunidade autónoma, de acordo co previsto nesta Lei e mais no resto do ordenamento xurídico.

e. A formular alegacións e a aportar documentos en calquera fase do procedemento anterior ao trámite de audiencias, que deberán terse en conta polo órgano competente ao redactar a proposta de resolución.

f. A non presentar documentos non esixidos polas normas aplicables ao procedemento do que se trate, ou que xa estean en poder da administración actuante.

g. A obter información e orientación acerca dos requisitos xurídicos ou técnicos que as disposicións vixentes impoñan aos proxectos, actuación ou solicitudes que se propoñan realizar.

h. Ao acceso aos rexistros e arquivos das administracións públicas nos termos previstos na Constitución e mais nesta e noutras leis.

i. A seren tratados con respecto e deferencia polas autoridades e funcionarios, que haberán de lles facilitar o exercicio dos seus dereitos e mais o cumprimento das súas obrigas.

l. A esixir as responsabilidades das administracións públicas e do persoal ao seu servizo, cando así corresponda  legalmente.

m. Calquera outros que lles recoñezan a Constitución e as leis.



book | by Dr. Radut