Skip to Content

2ºBAC-C

Versión para impresoraVersión para impresora

Notas da orientadora

15/6/2020

INSCRICIÓNS NA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO

A CIUG publica o calendario de admisión (Preinscripción e matrícula) na Universidade en Galicia para o curso 2020/2021.
 
  • PREINSCRIPCIÓN: 
Del 14 al 28 de julio: Convocatoria de julio.
Del 25 de septiembre al 2 de octubre: Convocatoria de septiembre.
 
  • MATRÍCULA:

Del 12 de agosto al 20 de octubre.                          https://ciug.gal/gal/admision-sug

 

10/6/20

 
Ola a tod@s:
 
Infórmovos da convocatoria de prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2020/2021. Son para ciclos formativos de grao medio e de grao superior que non se poidan cursar no noso municipio.
28/5/20
 
Ola a tod@s! A voz de Galicia publicou a guía de estudos superiores ¿QUÉ QUERO ESTUDAR?, onde informa de toda a oferta de estudos universitarioa, estudos de FP e outras ensinanzas. Tamén inclue información sobre becas e residencias.
28/4/20
Ola a tod@s! xa sei que agora tedes moitas dúbidas e que a ABAU é unha delas.

É unha guía moi clara e completa, recoméndovola.

17/8/20
 
Aqui vos presento a Guía Uniscopio, onde podedes encontrar información universitaria a nivel nacional. Para calquera dúbida escribídeme a cristinagoris@edu.xunta.gal

Guía Uniscopio: Plataforma digital de orientación al estudiante.

Uniscopio es una plataforma online e interactiva de orientación al estudiante. Su acceso es gratuito y contiene la información referida a toda España, organizada en los siguientes temas:

Guía de acceso y admisión a las universidades españolas.

Deixovos aquí un enlace ao Colectivo Orienta, donde aparece un artigo estupendo: Autoorientarse en tiempos de coronavirus.Os recursos que nel aparecen foron recopilados por Alberto Del Mazoe e Mónica Diz. Deste artigo podedes obter unha información moi boa, que vos pode axudar na toma de decisións académicas e profesionais. Se tedes tempo libre ou estades aburridos podedes botarlle unha ollada.
Ola de novo, seguro que xa sabedes os cambios nas datas da EBAU, Poño a vosa disposición uns enlaces a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) onde tedes unha información de voso interese. Recordade que esta páxina e fundamental, en canto teñamos máis información a comunicaremos. Espero que vos axude e moito ánimo.
 

Artes escénicas

27/4

A partires do luns 27 de abril tedes todas as tarefas a realizar na aula virtual, departamento de música.

16/3

O profesor Pepe deixavos traballo para facer neste tempo de confinamento. Para ver/descargar o traballo fai clic aquí.

Análise musical II

 

Cultura audiovisual II

 

Debuxo artístico II

 

Desafíos éticos do noso tempo

14/4/20

A partires de hoxe o medio de comunicación para enviar as tarefas e aclarar dúbidas será o seguinte correo electrónico: adeladiaz@edu.xunta.gal

Tarefa semana 30/03

  • Ler catro capítulos do Manual de Antifilosofía de Michel Onfray. Os capítulos son de libre elección.
  • Ao finalizar cada un deles, escribide as vosas reflexións acerca do tema tratado, relacionando ademáis dito tema coas vosas inquedanzas e pensamentos éticos e políticos no marcoda sociedade contemporánea.

Tarefa semana 26/03

Leer " Antimanual de Filosofía" de Michel Onfray, que adxunto nun pdf.
Instrucións:

  • Leer tamén os textos de filósofos e filósofas que aparecen ao final de cada capítulo. A lectura do libro non ten porque ser lineal, podedes escoller os capítulos que mais vos interesen.
  • Despóis de leer un capítulo, escribide as vosas reflexións acerca do tema tratado, relacionando ademáis dito tema coas vosas inquedanzas e pensamentos éticos e políticos no marco da sociedade contemporánea.

Deseño

 O luns 23 a profesora Águeda Lojo vai ir subindo os materiais de traballo a Classroom e traballará paralelamente na aula virtual. Estarán todos completos o martes 24.

Ética e filosofía do dereito

4ª entrega (11/5)

Repaso e exercicios dos dereitos humanos

3ª entrega (27/4)

Repaso e exercicios de Ética para o confinamento

2ª entrega

Dado que semella que se prolongará o confinamento gustaríame que todo o mundo fixera o esforzo de elaborar ese traballo/ redacción que propuxen inicialmente de xeito opcional. É un traballo aberto, de investigación (lectura crítica de artigos de opinón) ou de opinión e reflexión propia , ou diario personal sobre o período de confinamento, enfocandoo sempre desde a nosa materia : a xustiza, a liberdade , os dereitos .. Moitas cousas das que están a suceder ademáis a nivel estatal e mundial poden ser entendidas e analizadas desde a Ética e a Fílosofía do dereito: uso dos datos a través da tecnoloxía para o control da pandemia en Asia, as consecuencias do deterioro do estado de benestar en situacións de pandemia, a responsabilidade de colaboración individual, etc.

Envio para seguir traballando e ter algún punto de partida para a reflexión e o debate un par de artigos, un do filósofo Byung Chul Han e outro do pensador Boaventura de Sousa, e tres páxinas do libro de Marta Peirano, O inimigo coñece o sistema.

                                                                                      Saúdos

1ª entrega

Instruccións do traballo:

  • Opcional ou días seguintes: redacción que se propón a continuación:

PROPOSTA TRABALLO /REDACCIÓN
Moitas cuestións éticas e de dereito se plantexan nos debates sobre a crise do coronavirus. Gustaríame que fixérades unha redacción persoal sobre o voso propio confinamento, as vosas propias reflexións, decisións e actividades. Suxiro que especialmente o uso das nocións de nocións de responsbilidade e sobre todo de liberdade. Gustaríame tamén que puxérades o foco da vosa atención no uso das aplicacións e en xeral de internet.
É dicir, trátase de facer unha reflexión filosófica sobre o voso confinamento, que pensades, como actuades, como vos sentides: por exemplo, obrigados a quedar en casa, obrigados a relacionarvos a través dunha aplicación, libres de distribuir o voso propio tempo, erc..

Francés II

  As actividades de Francés, tanto de repaso como as novas estarán disponibles na aula virtual. Se queredes preguntar algo podedes escribirme a matiprofe@gmail.com

Fundamentos da arte II

  A profesora Maika Fernández ten preparadas actividades para vós na aula virtual.

Alí tamén hai material para o alumnado que ten pendente a materia de Fundamentos da arte I

Historia da arte

 

Historia da música e da danza

 

Historia de España

Aviso importante: Recuperaciones y calificaciones (6/5/20)

En principio teneis que repasar para el examen programado para el día 2 de abril. Si el examen non se puede realizar en esa fecha os avisaré a través de esta página web.
Además, aquel alumnado que lo desee puede preparar desde el franquismo hasta los gobiernos del PSOE.

Inglés II

>>>>>Importante! Visita O curruncho de TomTraballo enviado polo profesor Juan Castaño:

Lingua Castelá e Literatura II

Profesora Manuela Iglesias

O contacto coa profesora establecerase a través do enderezo de correo electrónico facilitado na folla informativa da materia entregada ao inicio do curso onda o blog que se adoita usar para esta asignatura.
As tarefas iranse acomentendo segundo o ritmo de traballo de cada persoa. A tal efecto, contarase como a primeira a que se indica en primeiro lugar:

  1. Para quen aínda non o realizara e llo entregara na clase á profesora, a actividade proposta o 8 de marzo no blog para a redacción dun comentario crítico a partir de varios textos argumentativos xornalísticos.
  2. Para quen xa realizara e entregara á profesora a actividade anterior, o que procede é realizar os exercicios de Semántica.
  3. E no blog que se indica na folla informativa da materia entregada ao inicio do curso, xa foi introducida unha nova tarefa o 22 de marzo.

Lingua Galega e Literatura II

Semana do 11/5

Nova actividade arredor do día das Letras Galegas

 

Exame do libro: Enderezo descoñecido (7/5)

Lectura do libro: Enderezo descoñecido (xoves 7 maio)
O xoves 7, ás 9 da mañá porase nesta páxina e enviarase aos vosos correos o cuestionario sobre o libro. Debedes enviarmo cuberto ao meu correo antes das 12h. dese mesmo día.

Composicións de Literatura Galega (27/4)

Semana do 27 de abril  ao 1 de maio
Imos traballar a oralidade

  • Gravación dun vídeo-audio
  • Tema: o que queirades, agás os deportes (non se admite ningún tema relacionado cos deportes). Non vale repetir tema.
  • Duración: entre dous e tres minutos
  • Envío: ao meu correo
  • Data límite de entrega: sábado 2 de maio ás 14:00h.

>>> 16/4

Nova proposta de traballo. Data entrega: martes 21 ata as 14:00h.

Semana do 13/4

Semana do 6/4

Descarga o tema: A nova narrativa galega

 Semana do 30/3

  • Preparade a composición do tema 13: A narrativa, ensaio e teatro de posguerra. Lembrade que a parte de teatro xa vola hei dar eu.
  • Título do tema para a ABAU é:A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)
  • Descarga aquí o guión.

Semana do 23/3

Preparade a composición de sociolingüística que falta. O título do tema na ABAU é:
    O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

No libro de texto está no tema 15, baixo o epígrafe: A lingua galega na actualidade.

Directrices:
    • Contexto sociopolítico ( sen estenderse moito)
        ◦ Situación demográfica (emigración/inmigración)
        ◦ Situación socioeconómica. Sector servizos, globalización)
        ◦ Situación política. Estatuto, leis, medios comunicación, posición partidos políticos.
        ◦ Resultado das actuacións gobernamentais
    • Características galego na actualidade
        ◦ Uso do estándar: onde, por quen
        ◦ Normas. Modificacións
        ◦ Galego espontáneo
        ◦ Neofalantes

    • Preparádea para o venres 3 de abril.

Semana do 16/3

    • PREPARADE A RECUPERACIÓN 2ª AVALIACIÓN:   posta para o mércores 15 abril
        ◦ Entra toda a sintaxe, e temas 4-5-6-9-10

    • MORFOLOXÍA   O  exame está posto para o mércores 22 de abril
        ◦ Vai ser todo práctica. Xa vimos todo agás as conxuncións e preposicións que podedes miralas ao final do tema 7
        ◦ Podedes practicar na Páx. Web: ogalego.eu. Hai moitos exercicios e con solucionario

    • LIBRO LECTURA
        ◦ Non vos esquezades da lectura: Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor. Cando volvamos poñeremos data. @s que non o collestes na biblio ou non o mercastes, á volta teredes uns días para poder lelo. Como é moi curtiño vai dar tempo e quen o levara da biblio que o devolva nada máis incorporarnos para que o poidan le os demais.

    • DATAS EXAMES
        ◦ De non incorporarnos antes das que está xa postas, cando volvamos decidiremos novas datas, pero non deixedes todo para o final. Agora, posiblemente vos coincidan varios exames nun día. .

    • Segundo como vaia a situación irei informando do que facer coa materia que queda por dar. 
    • Para dúbidas, preguntade polo grupo da clase.

Ánimo a tod@s! Vós podedes con isto e con máis!!!

Unha aperta.

Psicoloxía

4ª entrega (11/5)

Repaso e exercicios

3ª entrega (27/4)Novas tarefas

2ª entrega

Propuxen para as estas semanas de confinamento o traballo do experimento de psicoloxía social ou ben sobre intelixencia emocional e habilidades sociais. Propuxen tamén que este último se centrara neste eríodo de confinamento no que están a suceder cousas moi interesantes desde o punto de vista da psicoloxía. Como semella que o confinamento se pode prolongar envio algún material máis.

1) Unha imaxe que cuestiona como estamos a vivir cadaquén o noso confinamento. Desde a piscoloxía da Gestalt esa imaxe nos pode axudar a observarnos, a nós e a aos demais. Trátase dunha imaxe de apoio ao voso traballo de observación e redacción , mais tamén unha guia para o día a día.

2) para quen queira descansar do tema Covid-19 envio un documento con contos de Jorge Bucay, moi sinxelos e aparentemente infantís, pero que teñen leccións prácticas difíciles de aprender . Gustaríame que reflexionarades sobre elas poñendo en cada conto un par de liñas de reflexión sobre que hábito da intelixencia emocional pon en cuestión.

3) Por último, mando escaneado un capítulo do libro de Marta Peirano, O enemigo coñece o sistema, que se ben está escríto o pasado ano, nos pode facer pensar sobre a emerxente adicción ás pantallas nos últimos anos e en especial nas últimas semanas. Semella que é imposible vivir o confimnamento sen elas. Ou, polo menos podemos pensar que a esta nova adicción lle senta moi ben (mal para nós) o Euquedonacasa. Sei que é dificil ler un documento escaneado , máis quen teña interese aí está. Moi recomendable.

De tódolos xeitos, é o meu deber achegarvos indicacións e material pero desexo que vos organicedes o voso tempo e prioricedes o repaso e estudo das materias de selectividade, como debe ser.
                                                                         Saúdos

 

1ª entrega

 

PROPOSTA TRABALLO /REDACCIÓN 

Propuxeramos en clase que nestes días fixérades para Psicoloxía un traballo, ben dalgún experimento social que investiguedes na web, ben do tema das habilidades sociais, intelixencia emocional e xestión das emocións. Pois ben, como este momento de confinamento é excepcional e move moitas emocións, medo, ansiedade, preocupación, dependencia, empatía, etc, propoño (opcionalmente) que o traballo sobre as emocións se centre nestes días. Trataríase de facer unha observación e redacción de como xestionamos (xestiona cadaquén)  neste período as súas emocións, e mesmo pode centrar o asunto na  influencia  do uso de internet (aplicacións, plataformas...etc) ou da ausencia de uso nesa xestión das emocións.

Relixión Católica

Correo para enviar traballos : m.isabelperezpineiro@edu.xunta.es  Si se reanudan as clases presenciáis poderase entregar á profe directamente.

          - No blogue elprofedereli mira o documental de Manos Unidas Quien más sufre el maltrato del planeta no eres tú         

          - Traballo: elabora unha lista de dez accións humanas que perxudican o medio ambiente.
          - Este traballo recollerase cando voltemos

Retoque fotográfico dixital

 Os materiais de RFD do profesor Luís García está na aula virtual. Escolle o teu curso e entra.

Técnicas de expresión gráfico-plástica

 

Tecnoloxías da Información e da Comunicación II

 Os materiais de TIC do profesor Luís García está na aula virtual. Escolle o teu curso e entra.

Xeoloxía

A profesora Andrea Rey xa subíu e seguira subindo materiais e traballos  na aula virtual.


story | by Dr. Radut