Skip to Content

2011-12

DÍA DA PAZ E DA NON-VIOLENCIA 2012

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da Non-Violencia en conmemoración da morte dun dos grandes pacifistas do século XX, Mahatma Gandhi.

pancarta Día da Paz 2012 Día da Paz 2012 (2)
Día da Paz 2012 (3) Día da Paz 2012 (4)

 

     O IES sumouse a esta celebración mediante unha exposición no vestíbulo de entrada onde se aclaran e recordan conceptos relacionados co pacifismo e a loita e resistencia non-violenta, así como as diferentes celebracións que se fixeron neste día ao longo dos 25 anos de existencia do instituto.

     Mención especial merece un dos paneis que nos lembra conceptos xa case esquencidos a día de hoxe como servizo militar, obxección de conciencia ou insubmisión.O día 30 un grupo de rapaces e rapazas de 1º ESO e 4º Diversificación foron polas aulas levando unha mensaxe de paz en forma de contos e poemas. E despois, invitouse a toda a comunidade escolar a colgar os seus desexos de paz e non-violencia na entrada do centro.

Día da Paz 2012 (5)  

FIN DO 1º TRIMESTRE

O primeiro trimestre do curso 2011-2012 rematará o vindeiro mércores 21 de decembro, día en que os titores de grupo entregarán os boletíns de calificacións ao alumnado. Teremos clase normal até as 14h35.

 

 

 

BO NADAL A TOD@S!

NADAL SOLIDARIO 2011

Comezamos a conta atrás: 3... 2... 1... Só faltan tres días para as vacacións!

Como cada ano, toda a comunidade educativa do instituto vive con ilusión estas datas nas que non só pensamos no noso merecido descanso senón que tamén nos preocupamos do benestar dos demais.

Recollida de alimentos

 Como é tradición, este ano tamén se levou a cabo a campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene destinados ao comedor social de Cáritas Vilagarcía. Esta campaña solidaria que realizamos desde o Nadal de 1997 ten como principal obxectivo fomentar:

recollida alimentos 2011

- a solidariedade

- o coñecemento das necesidades da contorna- a empatía

 - a reflexión sobre a pobreza

- a xustiza social

 - a reflexión sobre a nosa sociedade:onde esta o límite entre a necesidade e o despilfarro?

 - a valoración das cousas que temos

 

 

A iniciativa foi acollida con grande entusiasmo e poidemos enviar lotes e lotes de produtos para axudar aos veciños que viven en situacións menos favorables.

 

 

Un tapón por Paula

Paula

 

    Como non podía ser doutro xeito, o instituto de Carril sumouse á campaña “Un tapón por Paula”, a nena de Boiro que naceu sen sacro e que está seguindo un tratamento en Düsseldorf (Alemaña) para tentar superar esta rara doenza. Este tratamento, que custa arredor de 250.000 euros, é a única esperanza que ten Paula para poder chegar a camiñar e valerse por sí mesma.

     Os veciños de Boiro puxeron en marcha diferentes iniciativas para axudar á familia de Paula a asumir este tratamento e unha destas iniciativas é a campaña de recollida de tapóns de plástico que son vendidos a unha empresa de reciclaxe de Alicante.

     Desde este lado da ría, os nosos mellores desexos para Paula e para a súa familia.

MAGOSTO 2011

 

O pasado 11 de novembro celebramos o Magosto en Carril. Foi, como sembre, un exitazo.

Houbo moita música, castañas, bolos preñados e moita diversión. Como novidade, destacamos o partido de fútbol profesores-alumnos, que creou unha grande espectación. Como era de esperar, gañaron os alumnos.

partido alumnos-profesores

 

Aproveitamos tamén para descubrir a placa conmemorativa do 25 aniversario do noso centro, que foi situada debaixo da placa de inauguración do instituto.

Placa inauguración curso 1986-1987  Inauguración do centro, curso 1986-1987 25 aniversario, curso 2011-2012

     Neste acto estiveron presentes dona Ana García, en representación de Miguel Ángel González Estévez, primeiro director do noso centro; dona Margarita García, segunda directora do instituto e o terceiro e actual director, don Augusto Guedes. Foi un momento moi emotivo, do que por suposto deixaron constancia os medios de comunicación (La Voz de GaliciaFaro de Vigo).

ESGRIMA CON ARACELI BUGALLO

O pasado 8 de novembro os alumnos de TSAAFD tiveron a sorte de poder realizar unha sesión de iniciación á esgrima coa profesora Araceli Bugallo.

(Pincha na imaxe para ver máis fotos)

esgrima

NACEMENTO DO NOSO INSTITUTO

 

     Quixeron os deuses empregar o vello solar de Mequinsa e alí onde a desindustrialización deixou un oco baleiro, nace o I.B. de Carril a mediados de outubro de 1986, celebrando o primeiro Claustro no I.B. Calvo Sotelo ( I.E.S. Castro Alobre), permanecendo hoxe daqueles profes so Margarita García Armas.

Ata o curso 1991-1992 parte do noso alumnado estaba no chamado Extensión do Ramal.

placa

Foi Miguel Ángel González Estévez o primeiro director, permanecendo no cargo ata o 2001. No 2001 deixa a dirección, collendo o relevo Margarita García Armas ata final de curso. No ano académico 2001-2002 é elexido director Augusto Guedes de Castro que aínda continúa no cargo.

Cambio de nome

 

O cambio do nome do Centro tivo lugar o 27 de Febreiro do 2004 pasando a chamarse I.E.S. Miguel Ángel González Estévez.

Como ben entendedes pasaron moitas cousas, distintos plans de educación, distintos profes, distintos alumnos….Tamén houbo tempo para pasalo ben e a xente do Instituto ben o soubo e sabe facelo.

 

 

Festa da bici Campionato interescolar en Redondela

 

Distintas actividades encheron a súa andaina e botando un ollo cara atrás poderíamos ver: fotografía, deportes, arte, teatro, xadrez, literatura, viaxes…Todo isto amenizado coa música de distintos grupos que naceron agarimados polas ondas da Compostela e polos muros do IES.

 

Revista Gramalleira outono 1988 Teatro
Entroido 

 

 

Hoxe é tempo para recordar pero tamén é tempo para mirar adiante e estar preparados para os novos retos que nos esperan á volta do camiño.

 

 

Augusto Guedes de Castro

Director do IES Miguel Ángel González Estévez

INTERCAMBIO ESCOLAR CON FRANCIA 2011

Como cada ano nestas datas, temos visita. Chegaron os alumnos bretóns do Collège Victor Segalen, de Châteaugiron (Bretaña, Francia).

Este é o noso cuarto intercambio, aínda que a actividade, na que participan os institutos de Fontecarmoa, Sobradelo e Carril, ten xa 10 anos de traxectoria.

O intercambio está destinado aos alumnos de francés de 2º e 3º de ESO, que reciben nas súas casas un rapaz ou unha rapaza de Châteaugiron. Durante case dúas semanas compartirán con nós clases, visitas culturais e festas.

No mes de marzo os rapaces de Carril visitarán Châteaugiron, onde serán acollidos polas familias dos seus "correspondants".

Os participantes, un total de 80 rapaces dos catro centros organizadores, realizarán durante todo o curso diferentes actividades entorno á temática "O mundo feminino", co obxectivo de dar a coñecer e valorar a importancia do rol da muller nas sociedades bretoa e galega.

Os alumnos bretóns chegaron a Galicia o pasado 31 de outubro e o mércores 2 de novembro foron recibidos no instituto por todo o alto.  Aquí tendes un pequeno vídeo da recepción:

 

Para máis información podedes consultar o programa de actividades e seguir o blog do intercambio: http://letourdecarril.wordpress.com/echange.

GRAN MAGOSTO EN CARRIL

Como sabedes, o vindeiro venres 11 de novembro celebraremos a festa do Magosto no noso instituto. Aquí vos deixamos algunhas informacións sobre a historia desta festa que celebramos en Carril desde hai 17 anos.

 

 

PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA 2011

Os alumnos de 1º e 2º de ESO proclamáronse campións en baloncesto no torneo "Panos Brancos contra a Droga" celebrado o pasado 28 de outubro. PARABÉNS!



Distribuir contido


by Dr. Radut