Skip to Content

2011-12

PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA 2011

Os alumnos de 1º e 2º de ESO proclamáronse campións en baloncesto no torneo "Panos Brancos contra a Droga" celebrado o pasado 28 de outubro. PARABÉNS!



Novas Seccións Bilingües

O IES Miguel Ángel González Estévez solicitou recentemente a autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para iniciar no curso 2011-2012 novas seccións bilingües, en inglés e castelán, nos cursos e materias que se indican a continuación:

  • 2º ESO: Tecnoloxías
  • 4º ESO: Informática
  • 1º Bacharelato: Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC)

A posta en marcha de cada unha das novas seccións bilingües, unha vez sexan autorizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dependerá de que se acade en cada unha delas o número de alumnos necesarios. De non obterse a autorización da Consellería ou non acadarse o número de alumnos necesarios, a materia correspondente será impartida integramente en castelán.

A participación nas seccións bilingües é voluntaria, pero é necesaria a autorización por escrito dos pais, nais ou titores legais do alumnado. Na Conserxería do centro pódese pedir unha copia do modelo de autorización para cada curso. Unha vez asinada a autorización, pódese entregar de novo na Conserxería do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut