Skip to Content

2ºBAC-A

Versión para impresoraVersión para impresora

Notas da orientadora

15/6/2020
A CIUG publica o calendario de admisión (Preinscripción e matrícula) na Universidade en Galicia para o curso 2020/2021.

 
  • PREINSCRIPCIÓN: 
Del 14 al 28 de julio: Convocatoria de julio.
Del 25 de septiembre al 2 de octubre: Convocatoria de septiembre.
 
  • MATRÍCULA:
Del 12 de agosto al 20 de octubre.                          https://ciug.gal/gal/admision-sug

 



10/6/20

 
Ola a tod@s:
 
Infórmovos da convocatoria de prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2020/2021. Son para ciclos formativos de grao medio e de grao superior que non se poidan cursar no noso municipio.
28/5/20
 
Ola a tod@s! A voz de Galicia publicou a guía de estudos superiores ¿QUÉ QUERO ESTUDAR?, onde informa de toda a oferta de estudos universitarioa, estudos de FP e outras ensinanzas. Tamén inclue información sobre becas e residencias.
28/4/20
Ola a tod@s! xa sei que agora tedes moitas dúbidas e que a ABAU é unha delas.

É unha guía moi clara e completa, recoméndovola.

17/8/20
 
Aqui vos presento a Guía Uniscopio, onde podedes encontrar información universitaria a nivel nacional. Para calquera dúbida escribídeme a cristinagoris@edu.xunta.gal

Guía Uniscopio: Plataforma digital de orientación al estudiante.

Uniscopio es una plataforma online e interactiva de orientación al estudiante. Su acceso es gratuito y contiene la información referida a toda España, organizada en los siguientes temas:

Guía de acceso y admisión a las universidades españolas.

Deixovos aquí un enlace ao Colectivo Orienta, donde aparece un artigo estupendo: Autoorientarse en tiempos de coronavirus.Os recursos que nel aparecen foron recopilados por Alberto Del Mazoe e Mónica Diz. Deste artigo podedes obter unha información moi boa, que vos pode axudar na toma de decisións académicas e profesionais. Se tedes tempo libre ou estades aburridos podedes botarlle unha ollada.
Ola de novo, seguro que xa sabedes os cambios nas datas da EBAU, Poño a vosa disposición uns enlaces a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) onde tedes unha información de voso interese. Recordade que esta páxina e fundamental, en canto teñamos máis información a comunicaremos. Espero que vos axude e moito ánimo.

Cursos abertos de nivelación da Universidade Politécnica de Valencia

Orixinalmente deseñados para estudiantes que entran en 1º curso de carreira e teñen dificultades. É un repaso de 2º Bacharelato que trata o seguinte:

  • 4 cursos de matemáticas: números y terminología; derivadas; integrales, y álgebra
  • 8 de química: formulación y nomenclatura, estructura de la materia, reacciones químicas, ácidos y bases, sales, enlaces químicos.
  • 2 de física: mecánica, electromagnetismo y un tercero dedicado a las ondas que empieza en 10 días.
 

Bioloxía

 

Ciencias da terra e do medio ambiente

 

Debuxo técnico II

 O luns 23 a profesora Águeda Lojo vai ir subindo os materiais de traballo a Classroom e traballará paralelamente na aula virtual. Estarán todos completos o martes 24.

Desafíos éticos do noso tempo

14/4/20

A partires de hoxe o medio de comunicación para enviar as tarefas e aclarar dúbidas será o seguinte correo electrónico: adeladiaz@edu.xunta.gal

Tarefa semana 30/03

  • Ler catro capítulos do Manual de Antifilosofía de Michel Onfray. Os capítulos son de libre elección.
  • Ao finalizar cada un deles, escribide as vosas reflexións acerca do tema tratado, relacionando ademáis dito tema coas vosas inquedanzas e pensamentos éticos e políticos no marcoda sociedade contemporánea.

Tarefa semana 26/03

 Leer " Antimanual de Filosofía" de Michel Onfray, que adxunto nun pdf.
Instrucións:

  • Leer tamén os textos de filósofos e filósofas que aparecen ao final de cada capítulo. A lectura do libro non ten porque ser lineal, podedes escoller os capítulos que mais vos interesen.
  • Despóis de leer un capítulo, escribide as vosas reflexións acerca do tema tratado, relacionando ademáis dito tema coas vosas inquedanzas e pensamentos éticos e políticos no marco da sociedade contemporánea.

Ética e filosofía do dereito

4ª entrega (11/5)

Repaso e exercicios dos dereitos humanos

3ª entrega (27/4)

Repaso e exercicios de Ética para o confinamento

2ª entrega

Dado que semella que se prolongará o confinamento gustaríame que todo o mundo fixera o esforzo de elaborar ese traballo/ redacción que propuxen inicialmente de xeito opcional. É un traballo aberto, de investigación (lectura crítica de artigos de opinón) ou de opinión e reflexión propia , ou diario personal sobre o período de confinamento, enfocandoo sempre desde a nosa materia : a xustiza, a liberdade , os dereitos .. Moitas cousas das que están a suceder ademáis a nivel estatal e mundial poden ser entendidas e analizadas desde a Ética e a Fílosofía do dereito: uso dos datos a través da tecnoloxía para o control da pandemia en Asia, as consecuencias do deterioro do estado de benestar en situacións de pandemia, a responsabilidade de colaboración individual, etc.

Envio para seguir traballando e ter algún punto de partida para a reflexión e o debate un par de artigos, un do filósofo Byung Chul Han e outro do pensador Boaventura de Sousa, e tres páxinas do libro de Marta Peirano, O inimigo coñece o sistema.

                                                                                         Saúdos

1ª entrega

Instruccións do traballo:

  • Opcional ou días seguintes: redacción que se propón a continuación:

PROPOSTA TRABALLO /REDACCIÓN
Moitas cuestións éticas e de dereito se plantexan nos debates sobre a crise do coronavirus. Gustaríame que fixérades unha redacción persoal sobre o voso propio confinamento, as vosas propias reflexións, decisións e actividades. Suxiro que especialmente o uso das nocións de nocións de responsbilidade e sobre todo de liberdade. Gustaríame tamén que puxérades o foco da vosa atención no uso das aplicacións e en xeral de internet.
É dicir, trátase de facer unha reflexión filosófica sobre o voso confinamento, que pensades, como actuades, como vos sentides: por exemplo, obrigados a quedar en casa, obrigados a relacionarvos a través dunha aplicación, libres de distribuir o voso propio tempo, erc..

 

Física

3ª entrega  (14/5/20)

2ª entrega

Tarefas: Campo magnético (29/4/20)

2ª entrega

Tarefas: Campo eléctrico

  • Descargar o documento pdf que aparece no apartado “electromagnetismo”  na páxina de Física da CIUG.
  • Estudar os contidos teóricos do tema 3 do texto (páx. 96 a 118) e poñelos en práctica cos problemas resoltos (1 ó 20) e cuestións resoltas (1 á 8) do documento pdf mencionado anteriormente.
  • Resolver tamén as cuestións e problemas de selectividade das páx. 126 e 127 do texto.
  • Preguntar dúbidas no correo electrónico depfq2020@gmail.com

1ª entrega

  1. Resolver os problemas das páx. 91, 92 e 93.
  2. Resolver as cuestións das páx. 89 e 90.

   Contacto para dúbidas: depfq2020@gmail.com

Historia de España

 Aviso importante: Recuperaciones y calificaciones (6/5/20)

En principio teneis que repasar para el examen programado para el día 2 de abril. Si el examen non se puede realizar en esa fecha os avisaré a través de esta página web.

Además, aquel alumnado que lo desee puede preparar desde el franquismo hasta los gobiernos del PSOE.

Inglés II

>>>>>Importante! Visita O curruncho de Tom

Traballo enviado polo profesor Juan Castaño:

Lingua Castelá e Literatura II

 Grupo A1- Profesora Marta Pámpano

Durante el tiempo de interrupción de la docencia, el alumnado de estos cursos debe comunicarse con la profesora, Marta Pámpano Benito, a través del siguiente correo electrónico: marta.pampano.benito@edu.xunta.es. De este modo se enviarán las tareas correspondientes y se resolverán posibles dudas. Si bien, en ningún caso se aportarán calificaciones.

Grupo A2 - Profesora Manuela Iglesias

O contacto coa profesora establecerase a través do enderezo de correo electrónico facilitado na folla informativa da materia entregada ao inicio do curso onda o blog que se adoita usar para esta asignatura.
As tarefas iranse acomentendo segundo o ritmo de traballo de cada persoa. A tal efecto, contarase como a primeira a que se indica en primeiro lugar:

  1. Para quen aínda non o realizara e llo entregara na clase á profesora, a actividade proposta o 8 de marzo no blog para a redacción dun comentario crítico a partir de varios textos argumentativos xornalísticos.
  2. Para quen xa realizara e entregara á profesora a actividade anterior, o que procede é realizar os exercicios de Semántica.
  3. E no blog que se indica na folla informativa da materia entregada ao inicio do curso, xa foi introducida unha nova tarefa o 22 de marzo.

Lingua Galega e Literatura II

Semana do 11/5

Nova actividade arredor do día das Letras Galegas

 

Exame do libro: Enderezo descoñecido (7/5)

Lectura do libro: Enderezo descoñecido (xoves 7 maio)
O xoves 7, ás 9 da mañá porase nesta páxina e enviarase aos vosos correos o cuestionario sobre o libro. Debedes enviarmo cuberto ao meu correo antes das 12h. dese mesmo día.

Composicións de Literatura Galega (27/4)

Semana do 27 de abril  ao 1 de maio
Imos traballar a oralidade

  • Gravación dun vídeo-audio
  • Tema: o que queirades, agás os deportes (non se admite ningún tema relacionado cos deportes). Non vale repetir tema.
  • Duración: entre dous e tres minutos
  • Envío: ao meu correo
  • Data límite de entrega: sábado 2 de maio ás 14:00h.

>>>16/4

Nova proposta de traballo. Data entrega: martes 21 ata as 14:00h.

Semana do 13/4

Semana do 6/4

Descarga o tema: A nova narrativa galega

Semana do 30/3

  • Preparade a composición do tema 13: A narrativa, ensaio e teatro de posguerra. Lembrade que a parte de teatro xa vola hei dar eu.
  • Título do tema para a ABAU é:A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)
  • Descarga aquí o guión.

Semana do 23/3

Preparade a composición de sociolingüística que falta. O título do tema na ABAU é:
    O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

No libro de texto está no tema 15, baixo o epígrafe: A lingua galega na actualidade.

Directrices:
    • Contexto sociopolítico ( sen estenderse moito)
        ◦ Situación demográfica (emigración/inmigración)
        ◦ Situación socioeconómica. Sector servizos, globalización)
        ◦ Situación política. Estatuto, leis, medios comunicación, posición partidos políticos.
        ◦ Resultado das actuacións gobernamentais
    • Características galego na actualidade
        ◦ Uso do estándar: onde, por quen
        ◦ Normas. Modificacións
        ◦ Galego espontáneo
        ◦ Neofalantes

    • Preparádea para o venres 3 de abril.

Semana do 16/3

    • PREPARADE A RECUPERACIÓN 2ª AVALIACIÓN:   posta para o mércores 15 abril
        ◦ Entra toda a sintaxe, e temas 4-5-6-9-10

    • MORFOLOXÍA   O  exame está posto para o mércores 22 de abril
        ◦ Vai ser todo práctica. Xa vimos todo agás as conxuncións e preposicións que podedes miralas ao final do tema 7
        ◦ Podedes practicar na Páx. Web: ogalego.eu. Hai moitos exercicios e con solucionario

    • LIBRO LECTURA
        ◦ Non vos esquezades da lectura: Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor. Cando volvamos poñeremos data. @s que non o collestes na biblio ou non o mercastes, á volta teredes uns días para poder lelo. Como é moi curtiño vai dar tempo e quen o levara da biblio que o devolva nada máis incorporarnos para que o poidan le os demais.

    • DATAS EXAMES
        ◦ De non incorporarnos antes das que está xa postas, cando volvamos decidiremos novas datas, pero non deixedes todo para o final. Agora, posiblemente vos coincidan varios exames nun día. .

    • Segundo como vaia a situación irei informando do que facer coa materia que queda por dar. 
    • Para dúbidas, preguntade polo grupo da clase.

Ánimo a tod@s! Vós podedes con isto e con máis!!!

Unha aperta.

Matemáticas II

Desdobre 1

Importante:Cada semana hai novas actividades na aula virtual. Debedes entrar a mirar sen que ninguén vos avise.

A profesora Pilar que sustitúe á profesora Rosa Caeiro vai deixar actividades preparadas para vós na aula virtual.

Desdobre 2:

A profesora Mercedes Oubiña púxovos traballo na aula virtual

Métodos estatísticos e numéricos

  A canle para as actividades será o correo electrónico como xa estabamos a facer durante o 1º e o 2º trimestre.

Obradoiro de sistemas robotizados

 

Psicoloxía

4ª entrega (11/5)

Repaso e exercicios

3ª entrega (27/4)

Novas tarefas

2ª entrega

Propuxen para as estas semanas de confinamento o traballo do experimento de psicoloxía social ou ben sobre intelixencia emocional e habilidades sociais. Propuxen tamén que este último se centrara neste eríodo de confinamento no que están a suceder cousas moi interesantes desde o punto de vista da psicoloxía. Como semella que o confinamento se pode prolongar envio algún material máis.

1) Unha imaxe que cuestiona como estamos a vivir cadaquén o noso confinamento. Desde a piscoloxía da Gestalt esa imaxe nos pode axudar a observarnos, a nós e a aos demais. Trátase dunha imaxe de apoio ao voso traballo de observación e redacción , mais tamén unha guia para o día a día.

2) para quen queira descansar do tema Covid-19 envio un documento con contos de Jorge Bucay, moi sinxelos e aparentemente infantís, pero que teñen leccións prácticas difíciles de aprender . Gustaríame que reflexionarades sobre elas poñendo en cada conto un par de liñas de reflexión sobre que hábito da intelixencia emocional pon en cuestión.

3) Por último, mando escaneado un capítulo do libro de Marta Peirano, O enemigo coñece o sistema, que se ben está escríto o pasado ano, nos pode facer pensar sobre a emerxente adicción ás pantallas nos últimos anos e en especial nas últimas semanas. Semella que é imposible vivir o confimnamento sen elas. Ou, polo menos podemos pensar que a esta nova adicción lle senta moi ben (mal para nós) o Euquedonacasa. Sei que é dificil ler un documento escaneado , máis quen teña interese aí está. Moi recomendable.

De tódolos xeitos, é o meu deber achegarvos indicacións e material pero desexo que vos organicedes o voso tempo e prioricedes o repaso e estudo das materias de selectividade, como debe ser.
                                                                         Saúdos

 

1ª entrega

PROPOSTA TRABALLO /REDACCIÓN
Propuxeramos en clase que nestes días fixérades para Psicoloxía un traballo, ben dalgún experimento social que investiguedes na web, ben do tema das habilidades sociais, intelixencia emocional e xestión das emocións. Pois ben, como este momento de confinamento é excepcional e move moitas emocións, medo, ansiedade, preocupación, dependencia, empatía, etc, propoño (opcionalmente) que o traballo sobre as emocións se centre nestes días. Trataríase de facer unha observación e redacción de como xestionamos (xestiona cadaquén)  neste período as súas emocións, e mesmo pode centrar o asunto na  influencia  do uso de internet (aplicacións, plataformas...etc) ou da ausencia de uso nesa xestión das emocións.

Química

 

Relixión Católica

Correo para enviar traballos : m.isabelperezpineiro@edu.xunta.es  Si se reanudan as clases presenciáis poderase entregar á profe directamente.

          - No blogue elprofedereli mira o documental de Manos Unidas Quien más sufre el maltrato del planeta no eres tú         

          - Traballo: elabora unha lista de dez accións humanas que perxudican o medio ambiente.
          - Este traballo recollerase cando voltemos

Retoque fotográfico dixital

 Os materiais de RFD do profesor Luís García está na aula virtual. Escolle o teu curso e entra.

Robótica

Estas tareas deberán ser realizadas por el alumnado para un mejor aprovechamiento del curso y serán actividades que tratarán que el alumnado no considere este tiempo como vacaciones si no como otra forma de aprendizaje ; a distancia, autónomo y tutorizado
Por tanto se recomienda al alumnado, que no se desconecte del curso y siga trabajando ya que cuando vuelvan a las clases se deberán enfrentar a los exámenes del trimestre.

Importante:  Para cualquier duda podéis poneros en contacto conmigo a través del correo tecnoprofejosemanuel@gmail.com .

3º Trimestre

A partires de agora a información da materia de Robótica porase na Aula Virtual do Instituto. Alí encontraredes as actividades a realizar e as datas de entrega. Se tedes dúbidas ou  problemas coa Aula Virtual  podedes poñervos en contacto, usando o correo que temos  para comunicarnos ( tecnoprofejosemanuel@gmail.com).

2º Trimestre

Do 30 de marzo ao 13 de abril

Realización dun sistema de domótica aplicable a unha casa.

  • Ten que controlar a temperatura , humidade , presenza dunha persoa, fume , e lapas .
  • Deberemos marcar un límite e si se excede acenderá un led  e no caso de fume ou lapas soará tamén unha alarma.
  • Todos os valores medidos indicaranse nunha pantalla LCD.
  • No caso de non ter sensor para a detección dunha magnitude  deixarase unha entrada para colocarllo na clase.
  • A partir deste circuíto común para todos os grupos o profesor indicará cambios específicos  para aplicar a  cada grupo.
  • Coma sempre debermos realizar todos os documentos e si e posible a montaxe.

Do 16 ao 30 de marzo

Realizar el proyecto ARDUINO propuesto a cada grupo , elaborando todo el material necesario; tanto el teórico y a ser posible el montaje práctico.
El primer día de clase se evaluará el proyecto.

Tecnoloxía industrial II

Importante:  Para cualquier duda podéis poneros en contacto conmigo a través del correo tecnoprofejosemanuel@gmail.com .

3º Trimestre

A partires de agora a información da materia de Tecnoloxía Industrial porase na Aula Virtual do Instituto. Alí encontraredes as actividades a realizar e as datas de entrega. Se tedes dúbidas ou  problemas coa Aula Virtual  podedes poñervos en contacto, usando o correo que temos  para comunicarnos ( tecnoprofejosemanuel@gmail.com).

2º Trimestre

Do 30/3 ao 13/4

Traballo de investigación ( outro traballo  individual adiantado  do terceiro trimestre) e exposición do mesmo na clase aos compañeiros  .

Titulo :  (Eliximos un  tema );  Pneumática ou   Hidráulica.

  1. Historia
  2. Proceso de  xeración de presión.-Tipos , características  e propiedades  de cada sistema. Distribución do aire  e Cilindros
  3. Partes dun sistema ( hidráulico ou Pneumático). Explicar cada un dos elementos e a función dentro do circuíto. Explicar o funcionamento dun circuíto básico .
  4. Aplicacións . Vantaxes e inconvenientes da Pneumática e Hidráulica. Cando usamos cada un delas.
  5. Tendencias futuras

Do 16/3 ao 30/3

  • Realizar la lectura del libro de Tecnología Industrial de la página 209 a 217
  • Realizar los ejercicios del mismo libro desde el nº 11 al 18 (pag 219)
  • Realizar el trabajo de Tecnología del tema Motores propuesto para el dia 30/3.

El primer día de clase se recogerá el trabajo y corregirán los ejercicios .

Tecnoloxías da Información e da Comunicación II

Os materiais de TIC do profesor Luís García está na aula virtual. Escolle o teu curso e entra.

Xeoloxía

 A profesora Andrea Rey xa subíu e seguira subindo materiais e traballos  na aula virtual.


story | by Dr. Radut