Blogues

ADMISIÓN ALUMNADO 2018/19

28 de febreiro de 2018

 

Proceso de Admisión de Alumnado                                        Curso Escolar 2018/19

 

a) Normativa reguladora do procedemento de admisión.

 

·      Decreto 254/2012, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación. (DOG do 26 de decembro de 2012)

 

·      Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de E.I., E.P., ESO e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo)

 

·      Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a anterior orde (publicada no DOG nº 22 de 1 de febreiro de 2017).

 

b) Postos escolares ofertados para o curso académico

 

Nome do curso

Num. prazas ofertadas

Num. permanencias

Num. solicitudes de reserva

Num. vacantes

1º ESO

36

0

35

0+1 NEAE

2º ESO

60

58

0

2

3º ESO

60

36

0

24

4º ESO

30

29

0

1

 

c) Prazo de presentación das solicitudes de admisión.

 

Presentación de solicitudes de admisión

Do 01 ao 20 marzo 

 

Dispoñen de dúas vías para solicitar a admisión

 

1 - Presentar o Anexo II na Secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar.

 

 Horario de Secretaría do noso centro: 9:30 a 13:30.

 

2 - Presentar a solicitude a través da aplicación informática: "admisión de alumnado"

 

En ambos casos é preciso que cumprimenten o ANEXO A e o entreguen na secretaría do centro.

 

d) IMPORTANTE

 

1. UNHA ÚNICA SOLICITUDE A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia. O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia

 

2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE:

 

·      Presentación da solicitude fóra de prazo

 

·      Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos.

 

·      Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade.

 

3. COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE:

 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

4. COMUNICACIÓN DA RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 

e) Prazo de presentación da documentación xusticativa dos criterios alegados para o baremo, se é o caso.

 

Se o número de solicitudes e maior que as prazas ofertadas, poderán presentar, con caracter voluntario, a documentación acreditativa dos criterios de baremo no prazo de 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes de admisión: PRAZO: do 23 de marzo ao 13 de abril 

 

Alegación de méritos

10 días hábiles a contar dende o  23 de marzo

 

Documentación alegación méritos:

 

-       Libro de familia (orixinal e copia)

 

-       Volante histórico de convivencia

 

-       Copia contrato (alegación cando o lugar de traballo é próximo ó centro).

 

-       Renda (ano 2016) Suma Base impoñible xera (392) + Base impoñible aforro (405)

 

-       Orixinal e copia do título de familia numerosa

 

-       Certificado de discapacidade (alumno/a, irmán ou pai/nai)

 

f) Calendario que inclúa a data de publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido e os prazos para formular reclamación.

 

Listaxe provisional de admitidos

Antes do 25 de abril

PRAZO DE RECLAMACIÓN

5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación:  Do 25 de abril ao 2 de maio

Listaxe definitivo de admitidos

Antes do 15 de maio

 

 

 

g) Prazo para formalizar a matrícula que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo III desta orde.

 

Formalización de matrícula

 

 

Prazo Ordinario:  Do 25 de xuño ao  10 de xullo

Prazo Extraordinario: Do 1 ao 10 de setembro.

 

 

 

h) Centros que ten adscritos, e adscrición do centro a outro ou outros, se é o caso.

 

O centro recibe alumnado dos centros adscritos CEIP do Carballal e do CEIP da Laxe.

 

i) Área de influencia do centro:

 

As zonas de influencia do CEIP do Carballal e do CEIP da Laxe.

 

ÁREA LIMÍTROFE

 

Son zonas limítrofes deste centro as áreas de influencia do CPR Calasancio e CPR Sagrado Corazón de Jesús (Rúa da Estrada) e os concellos de Poio, Marín e Vilaboa.

 

 

 

O centro recolle as áreas de influencia dos centros adscritos de primaria:

 

ÁREA DE INFLUENCIA  do CEIP do CARBALLAL

 

Perímetro:

 

Polo norte límite do concello.

 

Polo oeste rúa Concepción Arenal, ambas as dúas beirarrúas ata confluencia da mesma coa rúa Pitanxo. Rúa Pitanxo (beirarúa norte). Prolongación da rúa Estivada ata confluencia co camiño Canteira (beirarrúa leste). Camiño Canteira ata a confluencia da rúa Inferniño (beirarrúa leste). Rúa Inferniño ata confluencia coa rúa do Cementerio (beirarrúa leste). Rúa do Cementerio (beirarrúa sur), camiño Raposeiras ata intersección de rúa da Estrada e rúa do Cementerio vello (beirarúa oeste). Rúa da Estrada entre rúa do Cementerio Vello e rúa Ezequiel Massoni (beirarrúa sur). Rúa Ezequiel Massoni dende intersección coa rúa da Estrada ata intersección con rúa Recamán (beirarrúa leste). Rúa Recamán entre intersección con rúa Ezequiel Massoni e rúa Jaime Janer (beirarrúa leste). Rúa Jaime Janer dende intersección con rúa Recamán ata a súa conversión na PO-313 (beirarrúa leste). A Estrada PO-313 dende o punto anterior ata o límite do concello incluíndose ambas beirarrúas da mesma e as confluencias á mesma.

 

Polo leste límite do concello. Polo sur límite do concello.

 

 

 

ÁREAS LIMÍTROFES

 

Son zonas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP A Laxe, CEP Sequelo e CEIP de Seixo

 

ÁREA DE INFLUENCIA  DO CEIP DA LAXE

 

Perímetro:

 

Polo norte ría de Pontevedra

 

Polo oeste límite do porto comercial. Rúa da Estrada dende confluencia coa avenida de Ourense ata confluencia con rúa do Cementerio Vello (beirarrúa leste). Camiño Raposeiras dende intersección de rúa da Estrada e rúa do Cementerio vello (beirarúa leste). Rúa do Cementerio (beirarrúa norte).

 

Polo leste Camiño Canteira dende confluencia coa rúa do Cementerio (beirarrúa oeste) ata a confluencia da rúa Inferniño (beirarrúa oeste). Camiño da Canteira dende confluencia coa rúa Inferniño ata confluencia coa prolongación da rúa Estivada (beirarrúa oeste). Rúa Pitanxo dende confluencia coa rúa Estivada ata confluencia coa rúa Concepción Arenal. Rúa Concepción Arenal (excluída) ata o límite do concello.

 

Inclúese neste perímetro todo o porto comercial.

 

 

 

ÁREAS LIMÍTROFESSon zonas limítrofes deste centro as áreas de influencia dos centros: CEP Sequelo e CEIP do Carballal.

 

 

 

j) Servizos complementarios que ofreza o centro, identicando a normativa concreta que os regule.

 

TRANSPORTE ESCOLAR GRATUITO

 

1.Coirados, Vista Alegre 2, Vista Alegre 1, Pardavila Canteira, Pardavila 2, Pardavila 1, Pazo Cadro,Cadrelo, Miñán 2, Miñán 1 e Pastoriza.

 

2.Jaime Janer, Alameda e Mobles Mirón.

 

3.Tiburcio, Cantoarea (Capela), Cantoarea (Todo a cen) e Estribela (farmacia).

 

 

 

i) Comedor escolar: O Ceip A Laxe ofrece a posibilidade deste servizo no seu centro.

 

ALUMNADO XA MATRICULADO NO NOSO CENTRO

 

O alumnado que vaia permanecer no noso centro únicamente terá que formalizar a matrícula cara o vindeiro curso no periodo establecido.

 

ALUMNADO QUE SOLICITE TRASLADO A OUTRO CENTRO

 

Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

 

·      Presentar a solicitude de admisión xunto co certificado de matrícula no novo centro no que desexe matricularse.

 

·      Entregar no noso centro unha copia da solicitude de admisión ao novo centro.

 

 

 

Listado de alumnado que obteñen praza mediante o procedemento de Reserva

Importante: deben formalizar a matrícula no prazo indicado

 

Calendario do proceso de admisión e reserva 2018/19

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2018-19

 

Reserva de praza (Centros adscritos)

Do 01 ao 15 de febreiro

 

Listaxe de reservas

Antes do 28 de febreiro

 

Presentación de solicitudes de admisión

Do 01 ao 20 marzo

 

Alegación de méritos

10 días hábiles a contar dende o  23 de marzo

 

Listaxe provisional de admitidos

Antes do 25 de abril

 

Formalización de matrícula

 

 

Prazo Ordinario:  Do 25 de xuño ao  10 de xullo

Prazo Extraordinario: Do 1 ao 10 de setembro.

Envío de vacantes despois da matrícula

Antes do  10 de setembro ás 18:00 horas

 

 

Citacións dos responsables cos tutores

INICIO DE CURSO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 

8

9

 

 

 

 

FESTIVO LOCAL

11

12

13

14

15

Publicación na web dos horarios das presentacións

 

 

 

Inicio do curso

PRESENTACIÓN

1º ESO

2º ESO

18

19

 

 

 

PRESENTACIÓN

3º ESO

4º ESO

 

 

 

 

Axudas material escolar e fondo libros

Xa están publicadas no taboleiro do centro o listado de axudas de material escolar concedidas.

LÍMITE DE RECLAMACIÓN: 19 DE XULLO

Libros de texto 2017-18

CAlendario de EXAMES de setembro

Folga de transporte

Admisión a ciclos formativos de grao medio. Curso 2017/2018

O prazo para solicituar a admisión nos ciclos formativos de grao medio comeza o 26 de xuño. Máis información aquí

Exames de pendentes

Proceso de admisión 2017-18

 

Proceso de Admisión de Alumnado                                             Curso Escolar 2017/18

 

 

 

1.- Normativa reguladora

 

Decreto 254/2012, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación. (DOG do 26 de decembro de 2012)

 

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo)

 

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a anterior orde (publicada no DOG nº 22 de 1 de febreiro de 2017).

 

2- Prazo de presentación de solicitudes de admisión

 

Do  1 ao 15 de febreiro para os alumnos que estiveran nos centros (CEIP A Laxe e CEIP Carballal). Teñen a reserva de praza todos os alumnos que solicitaron  neste prazo. Un total de 39.

 

Do 1 ao 20 de marzo para todos aqueles alumnos que proveñan dun centro non adscrito.

 

http://formularios.xunta.gal/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=ED&procedimiento=550B&version=0.0&idioma=gl_ES

 

3.-  Prazas ofertadas

 

NIVEL      VACANTES
1º ESO      2 + 2 NEAE
2º ESO 4
3º ESO 15
4º ESO 18

 

4.- Prazo formalización matrícula

 

Prazo  ordinario: Do 25 ao 10 de xullo. Para todo o alumnado  de primaria e de secundaria con todas as materias aprobadas.

 

Prazo extraordinario:  do 01 ao 10 de setembro. Para o alumnado de secundaria con materias ependentes.

 

5.- Requisitos para a formalización da matrícula

 

Unha fotografía

 

Fotografía do DNI do alumno e dos pais/titores

 

Fotocopia da tarxeta sanitaria

 

Boletín de notas de 6º de primaria ou da convocatoria extraordinaria de setembro.

ANEXO A

 

ACTIVIDADE DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017

 

 

 

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 27 DE FEBREIRO

 

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

 

 

 

 

Requisitos:
-  Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2015- 2016.

- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/2016.

ver máis requisitos na convocatoria

 

 Prazo aberto dende o 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

 

 

CONSULTAS
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538

Entroido

Estimadas familias

O centro retomará a actividade ordinaria o xoves  día 2 de marzo, logo dos días de celebración do entroido.

Proceso de admisión 2017-18

Aberto o proceso de admisión para o alumnado de centros públicos e privados non universitarios que desexen reservar praza para o curso 2016-2017 nos centros de primaria e secundaria da nosa comunidade.

Os prazos son os seguintes:

a) Reserva interna para centros adscritos e alumnado que non cambien de centro: 1 a 15 de febreiro

b) Admisión de alumnado que desexe cambiar de centro ou incorporarse a un centro non adscrito: 1 a 20 de marzo

A novidade deste ano consiste na nova aplicación que se vai a empregar para este proceso: "admisión de alumnado". Desde esa aplicación se pode realizar a petición da seguinte maneira:

1º.- Electrónicamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado para os que posúan DNI electrónico ou similar.

2º.- Descargar o impreso cuberto da aplicación e presentar a solicitude no centro de 1ª opción.

3º.- Descargar o impreso da 1ª páxina da aplicación , cubrilo manualmente e presentar a solicitude no centro de 1ª opción

Para acudir a aplicación premer neste enlace:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Lexislación:

Orde do 12 de marzo de 2013

Decreto 254/2012

Orde do 25 de xaneiro de 2017

 

 

Blog de EDL

Para acceder ao blog, pincha sobre a imaxe:

Enlace blog EDL

Calendario escolar 2017-18

Virginia Estévez Suárez: máxima nota das probas extraordinarias da ESO

O IES Mestre Landín fixo entrega hoxe venres día 4 de novembro do recoñecemento público ao éxito na recente edición das probas extraordinarias da ESO da nosa alumna Virginia Estévez Suárez. Nesta proba, resultados publicados no doga de hoxe, obtivo a maior puntuación dos 420 participantes que foron propostos polos centros de toda Galicia polo seu excelente rendemento durante a ESO.

Toda a comunidade educativa do IES Mestre Landín comparte o orgullo de tela tido como alumna e compañeira xa que non só destacou nas cualificacións académicas senón que tamén nos seu bo trato cos seus iguais.

En definitiva un éxito para o sistema público de ensino, no que se garante a educación e igualdade de posibilidades para calquera alumna ou alumno poida alcanzar a excelencia.

Dada a relevancia do fito alcanzado pola alumna contamos ca presencia do inspector de zona Román Latas Calvo, do director do CEIP A Laxe Francisco Suárez, da concelleira de medio ambente Marián Sanmartín García, a Alcaldesa de Marín María Pilar Ramallo Vázquez, así como da familia da rapaza.

 

Parabéns!!!

         

Eleccións ao consello escolar

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

      De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 26 de setembro e a do 4 de outubro de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

 

Corrección no listado de libros para o curso 2016-17

Atopouse un erro no ISBN  do libro de Xeografia de 4 da ESO. O número correcto é o seguinte:

978-84-8349-501-8

Desculpen as molestias

 

Calendario de setembro

Apertura Concurso para a concesión do servizo de cafetería

 Ábrese o concurso público para a adxudicación da cafetería do IES Mestre Landín para o curso 2016/17.

Para calquera dúbida ou consulta poden poñerse en contacto co centro mediante o teléfono 886 15 13 15 (en horario de 9:00 a 14:00 h) ou ben a través do correo electrónico ies.mestre.landin@edu.xunta.es. Adxúntase a documentación necesaria para a participación no concurso.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DA CAFETERÍA 2016/17

REQUERIMENTO DOCUMENTACIÓN


 

 

 

Composición do departamento curso 2020-21

  • Mª Casilda Basteiro Gómez: profesora de Pedagoxía Terapéutica
  • Mª Luz Hernández Castro: profesora ámbito lingüístico-social
  • Ana Mª Ginzo Villamayor: profesora ámbito científico-tecnolóxico
  • Sandra Ruibal Santiago: xefa do Departamento de Orientación

 

Distribuir contido