Historia

IES Mestre Landin

O IES Mestre Landín de Marín comeza a funcionar no curso 1998-1999. É un instituto de nova creación construído porque os outros dous institutos existentes en Marín carecían de espazo para dar cabida ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria do municipio.

Nos primeiros anos de funcionamento chamouse IES nº 1 de Marín pero pasados uns anos decidiuse poñerlle o nome dalgún personaxe ilustre da vila de Marín. Logo dunha votación entre toda a comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) resultou máis votado o nome de Francisco Landín Pazos (Marín, 1910-1989), coñecido na vila como o "mestre Landin", director da Banda de Música Municipal a partir de 1948 e a quen lle debemos a fundación en 1960 da primeira Escola de Gaitas de Marín e do coro "Airiños Mareiros",  ademais  de infinitas creacións musicais como a tan coñecida "Xa fun a Marín ..." e moitas outras.

Distribuir contido