Secretaría

Vacantes curso 2024/2025

 

Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 24-25, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos.

 

Vacantes:


CURSO

PRAZAS OFERTADAS

VACANTES

1º ESO

60

27

2º ESO

60

12

3º ESO

60

21

4º ESO

60

10


A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, debe entregarse no centro docente indicado en primeiro lugar (poden pedirse ata seis centros por orde de preferencia), e deberá ir acompañada da documentación requirida.

  • Prazo requirimento de emenda deficiencias e documentación é 5 días hábiles.
  • Prazo presentar documentación acreditativa no caso de baremar é de 10 días hábiles (a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión)

    CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO

     

    Presentación solicitudes admisión ED550B e anexo II-bis, na sede electrónica https://sede.xunta.gal/na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou na secretaría do centro.

     

    1 - 20 marzo

    Presentación documentación complementaria:  se hai que baremar: Documentación xustificativa doscriterios de baremo alegados na solicitude.  

     

    21 marzo - 5 abril

     Publicación listaxes provisionais admisión

     

    25 de abril

     

     

     Reclamacións listaxes provisionais ante o consello escolar  

     

    26 abril – 3 maio

     Publicación listaxes definitivas admisión

     

    15 de maio

      Recurso alzada listaxes definitivas ante a Xefatura Territorial

     

    contado a partir

     do día seguinte ao

    da súa publicación

     Prazo ordinario de matrícula ESO e Bacharelato

     

    23 xuño - 7 xullo

     

NOTA: As persoas solicitantes poden consultar no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos no proceso de admisión  ou tamén a través da aplicación admisionalumando empregando a chave365 ou certificado dixital.

 

 

Normativa de aplicación:

 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

Fondo solidario

Parabén do conselleiro

A toda a comunidade educativa do ML

Compláceme  trasladarlles  as  felicitacións  que  recibimos no  día  de  onte  por  parte  do  señor conselleiro  de educación Román Rodríguez González.  Os   parabén   débense   ao   noso   interese   por   buscar alternativas  no  uso  das  novas  tecnoloxías  para  motivar ao  noso  alumnado  en  prol  da  excelencia  educativa.  Fai especial mención ao proceso de implantación do sistema de avaliación mediante a app Plíckers que están levando a   cabo   os   departamentos   de   Educación   Plástica, Tecnoloxía,   Matemáticas   e   Lingua   castelá,   e   que recentemente foi publicado no Diario de Pontevedra.

Reciban un cordial saúdo,

O director do centro

Héber Jaime García Fernández

Distribuir contido