Novas de interese
Becas NEAE e Fondo libros
Enviado por heber o Xov, 26/05/2022 - 06:42
CONVOCATORIA DE BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2022-2023
Publicado no BOE do 18 de maio do 2022
Prazo de solicitude: do 19 de maio ao 30 de setembro do 2022
Quen a pode solicitar?:
· Alumnado con discapacidade
· Alumnado con trastorno grave de conducta e comunicación ou linguaxe
· Alumnado con trastorno de espectro autista
· Alumnado de altas capacidades
Procedemento: Cumprimentar a solicitude en sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación profesional. Unha vez cuberto, imprimir o formulario en pdf e presentalo no centro educativo onde o alumno vaia a cursar estudos o próximo curso, xunto con todos os documentos xustificativos requeridos (informes e certificados)
Máis información na páxina web: becaseducacion.gob.es
Para dúbidas: Consultar o departamento de orientación do centro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_gl.html
DESTINATARIOS: Alumnado de 1º a 4º ESO AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 19 de maio ao 22 de xuño
MODO DE PRESENTACIÓN: A través da sede electrónica, da aplicación fondo libros ou na secretaría do centro.
Anexos para presentar no centro:
Anexo I https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23657532
Anexo II https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23657531
NOVA CONCRECCIÓN CURRICULAR
Enviado por Anónimo o Xov, 28/04/2022 - 06:12Novos criterios de promoción e titulación
segundo a normativa nova de avaliación en
documentos do centro.
VALES MATERIAL.
Enviado por josemanuelbeiro o Lun, 13/09/2021 - 12:00Os vales para axuda de material están a vosa disposición dende hoxe na secretaría do centro.
ENTRADAS E SAÍDAS PARA O PRIMEIRO DÍA DE CLASE.
Enviado por josemanuelbeiro o Lun, 13/09/2021 - 11:59O alumnado de 1º ESO accederá ao centro pola porta da pista de baloncesto, situada na parte de atrás do edificio á esquerda.
O alumnado de 2º ESO accederá ao centro pola porta da pista de fútbol.
O alumnado de 3º e 4ºESO farán a súa entrada ao edificio a través da porta principal.
IMPORTANTE: en todas as entradas especificaranse os cursos que deben acceder por elas así como as listaxes de cada un dos grupos e os alumnos serán chamados polo profesorado.
INICIO DAS CLASES CURSO 21-22
Enviado por martadiz o Xov, 09/09/2021 - 06:56As clases comezarán o vindeiro mércores 15 de setembro en horario de 8:30 a 15:00 horas para todo o alumnado.
A partir do luns día 13 publicaranse na páxina web as instrucións para o acceso ao centro.
ANPA
Enviado por josemanuelbeiro o Ven, 03/09/2021 - 09:02A ANPA estará aberta do 6 ao 10 de setembro en horario de 9.30 a 13.00 horas.
CALIFICACIÓNS AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA
Enviado por josemanuelbeiro o Mar, 31/08/2021 - 06:38O boletín coas calificacións da avaliación extraordinaria poderá consultarse a través de Abalar o día 6 de setembro a partir das 12.00 horas, sendo tamén posible solicitar unha copia impresa na secretaría do centro.
Lembramos que o prazo de reclamacións serán os días 7 e 9 de setembro de 9.00 a 13.00 horas. (O día 8 de setembro o centro permanecerá pechado por festividade local).
DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Enviado por josemanuelbeiro o Mar, 31/08/2021 - 06:31A devolución dos libros de texto para o alumnado con materias pendentes para a convocatoria de setembro e que solicitou o préstamo dos mesmos, deberá realizarse no momento de formalizar a matrícula.
PRAZO DE MATRICULA SETEMBRO
Enviado por josemanuelbeiro o Mar, 31/08/2021 - 06:27O prazo para formalizar a matrícula para o alumnado coas materias para a convocatoria extraordinaria de setembro é do 6 ao 10 de setembro.
RECOLLIDA VALES FONDO LIBROS
Enviado por martadiz o Ven, 16/07/2021 - 09:39O alumnado con todas as materias aprobadas en xuño que resultou admitido na solicitude de fondo libros, pode pasar a recoller os vales pola secretaría do centro.
Recordamos que o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00 horas.
PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR
Enviado por martadiz o Ven, 09/07/2021 - 06:11Poden consultar na conserxería do centro a listaxe provisional dos "Vales de material escolar 21/22" do alumnado.
Calendario de probas extraordinarias de setembro 2021.
Enviado por heber o Mar, 29/06/2021 - 04:50
Hora |
Mércores 1 de setembro de 2021 Materias |
8:30 |
Lingua Castelá e Literatura / Teatro/ Latín |
9:30 |
Xeografía e Historia |
10:30 |
Educación Física / EPVA/Videocreación |
11:30 |
Francés |
12:30 |
Matemáticas/Economía |
13:30 |
Música / Cultura clásica Valores Éticos / Relixión Católica /Relixión Evanxélica |
Hora |
Xoves 2 de setembro de 2021 Materias |
8:30 |
Tecnoloxía /TIC/Programación/Investigación/IAEE |
9:30 |
Bioloxía e Xeoloxía |
10:30 |
Lingua Galega e Literatura |
11:30 |
Inglés |
12:30 |
Física e Química |
Publicación de boletíns
Enviado por heber o Mér, 23/06/2021 - 06:21Bo día
Recordamos que o boletín de nota finais pódense consultar no Espazo Abalar e no Abalar Móbil no apartado de cualificacións e facendo clic en Ord. O prazo de reclamacións vai do 25 ao 28 de xuño. Os consellos orientadores os poderedes recoller en secretaría a partir do 24 de xuño. Podedes solicitar unha copia impresa dos boletín de notas na secretaría do centro o 24 xuño a partir das 12h.
Recollida Edixgal
Enviado por Anónimo o Lun, 21/06/2021 - 14:39
Estimadas familias:
Como vostedes saben, durante o presente curso 2020-21, o/a seu/súa fillo/a estivo matriculado/a nun centro que participa na iniciativa E-Dixgal do proxecto Abalar para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, polo que dispón para o seu uso persoal dun ordenador portátil, co seu correspondente maletín, cargador e punteiro.
A dirección do proxecto informa que se o alumnado continúa no mesmo centro cursando materia E- Dixgal no vindeiro curso 2021-22, poderá dispor do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose o vindeiro curso co material en perfectas condicións.
O alumnado que o vindeiro curso 2021-22 non continúe os seus estudos nun nivel E-Dixgal, no mesmo centro ou cambie de centro, deberá entregar obrigatoriamente o equipo no centro educativo que llo asignou de acordo co seguinte:
-
No caso de 5o e 6o de primaria, a data límite da devolución será o 25 de xuño.
-
No caso de ensino secundario obrigatorio, estableceranse dous prazos diferenciados de entrega
en función da superación ou non de todas as materias E-Dixgal cursadas:
-
25 de xuño para o alumnado que supera todas as materias E-Dixgal na convocatoria de xuño.
-
7 de setembro para o alumnado con materias E-Dixgal pendentes para a convocatoria de
setembro e que por tanto precisa do equipo durante o verán.
Os equipos deberán ser entregados en perfectas condicións (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) nas datas indicadas.
As familias deberán asinar un documento de entrega facilitado polo centro.
-
Calendario de probas extraordinarias de maio.
Enviado por heber o Lun, 26/04/2021 - 06:44
EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
Ø 19 de maio de 2021
Hora |
Materias |
Aula |
17:00 –17:50 |
Bioloxía e Xeoloxía/Física e Química |
1 |
17:50 –18:40 |
Lingua Galega e Literatura |
2 |