EDL

Blog de EDL

Para acceder ao blog, pincha sobre a imaxe:

Enlace blog EDL

"As peripecias de Extravaganzza Pérez"

O sábado 23 de abril o IES Mestre Landín conmemorou o Día do Libro con moitos nenos e nenas de Marín na Biblioteca Pública Municipal, coa representación dun teatriño de monicreques.
A adaptación teatral do libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", a última obra de Ledicia Costas, foi o punto de partida para  invitar a todos os asistentes á lectura, a descubrir os mundos que habitan nos libros e mostrar unha das innumerables aventuras que os lectores poden vivir a partir deles.
Extravaganzza, unha rapaza de 11 anos cunha sensibilidade especial para os animais, fai unha longa viaxe en busca dos seus pais. Acompañana uns flamengos no seu percorrido por diferentes ecosistemas, nos que van atopar morcegos, lémures, pelícanos, baleas, osos polares, monos e xaguares. E, neses lugares, Extravaganzza descubre o valor da solidaridade e a perseverancia, así como a súa propia capacidade de superación persoal.
Son estes mesmos valores os que demostran os adolescentes que deron vida aos monicreques, primeiro cosendo as marionetas, diseñando os decorados, e logo ensaiando en horario de recreo, polas tardes e, incluso, durante as vacacións, para poñer en escena esta obriña que fixo as delicias de cativos e maiores.
Alba, Alfredo, Cristina, Desireé, Lara, Nerea F., Nerea P. e Verónica, alumnos de 1° e 2° de ESO, foron os artífices da representación, a última das numerosas actividades organizadas por este instituto para celebrar a Semana do Libro.
 

Facebook

Entra na nosa páxina de facebook e clica no GÚSTAME:

             

                     

 

 

COMBINA 23

COMBINA 23

EU SON ROSALÍA

Manifesto pola lingua

Descripción: queremos_galego

Este é o lema escollido pola     Plataforma Queremos Galego para a manifestación do vindeiro 8 de febreiro.

A plataforma cidadá Queremos Galego, formada por persoas a título individual e máis de 600 colectivos, promove a manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo 8 de febreiro.

Este é o manifesto que convoca a mobilización:

Polas fillas dos nosos fillos. Queremos Galego!
Os datos da última enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre a situación do galego non nos sorprenden. Reflicten a realidade. A realidade é que cada vez hai menos xente que fala galego. A realidade é que a Xunta de Galiza demostra un total desleixo e desprezo pola lingua. A realidade é que é imposíbel vivirmos en galego con normalidade.
O maior descenso de falantes do galego coincide co lustro máis agresivo e lesivo para a normalización da nosa lingua e cunha situación na que o galego, non só non conta cunha oficialidade real, senón que é a propia Xunta quen ataca a oficialidade formal que acadou.

A lingua precisa xa de compromisos reais materializados en accións concretas . Esta non é a hora de enunciar falsos desexos, supostas declaracións de intencións, nin dubidosas manifestacións de amor, nas que se baseou até agora a política lingüísitica. É urxente actuar tomar medidas normalizadoras e pór todos os medios e remedios para para pararmos esta desfeita .

Moitas persoas educamos as nosas fillas e fillos en galego. Mantemos o galego cada día, entregámosllo ás máis novas e novos porque o defendemos e apreciamos. Facémolo con amor, esforzo e coidado, aínda que nos atopamos con dificultades permanentes, ás que lle temos que engadir o insulto e o desprezo mostrado polo presidente da Xunta na súa busca permanente de culpábeis da súa propia política.

O galego continúa perseguido e proscrito de diferentes ámbitos e usos. Impúxose un decreto para evitar o ensino en galego. Esta política lingüística ten responsábeis e cómplices. Precisase unha mudanza total . Hai que lles dar ferramentas ás xeracións novas. A televisión pública galega non emite debuxos animados de moda en galego. As mozas e mozos non poden escoller xogos, filmes e revistas xuvenís na nosa lingua, a moitos e moitas impídeselles a escolarización en galego

Necesitamos promover a nosa lingua. Lingua propia e común que nos une a todos e todas. Lingua, identidade e futuro de Galiza camiñan da man. Defender o futuro dunha lingua é defender o futuro dun pobo. A nosa lingua sítuanos no mundo e fainos donos e donas do noso porvir, que está en nós, nas nosas fillas e fillos, nas nosas netas e netos. Na transmisión xeracional e na súa reposición social.

Precisamos o galego para ser e existir. Temos esperanza, ilusión, vontade, compromiso para mantelo vivo , para superar prexuízos, para transmitir amor á nosa lingua, para manifestar orgullo, para dicir, polas fillas dos nosos fillos QUEREMOS GALEGO.

 

Letras Galegas 2014

O vindeiro venres a partir das 11:30h celebraremos o Día das Letras Galegas. No seguinte enlace podedes acceder ao programa da xornada.    PROGRAMA

  

Concurso: "A PROCURA DO PERSOEIRO"

      

Nos taboleiros do centro está exposta toda a información relativa ao concurso "A PROCURA DO PERSOEIRO", organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística por mor do día das LETRAS GALEGAS 2014.

 

Bases do concurso

Alborada. O Morrazo esperta a Galicia

Colaboración do noso centro (minuto 1:52)

Sumar levando

Despois de varios meses de espera aquí está o vídeo definitivo do lipdub. Unha vez máis, queremos expresar o noso agradecemento a todo o alumnado e persoal docente e non docente do centro por ter colaborado nesta tarefa tan apaixonante. Sen vós non sería posible.

POIS CLARO QUE PODEMOS!!

 

FOTOS

Samaín

  

Concursos:

- CABAZAS 

- CONTOS DE MEDO

Sumar levando

     3, 2, 1...  Gravando!!!

 

Día das Letras Galegas 2013

Onte celebramos o “Día das Letras Galegas”. Nos últimos anos a celebración tiña lugar en horario de mañá pero este ano decidimos cambiar o acto para a tarde e a verdade é que, despois de ver a masiva asistencia de público, está claro que foi un acerto.

Dende o IES Mestre Landín queremos agradecer a participación no evento de toda a comunidade educativa. 

Durante case tres horas desenvolveuse un amplo programa coas seguintes actividades: 

   - Actuacións musicais do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO.

   - Adaptación teatral  de “O merlo branco” de Cándido Pazó.

   - Entrega de Orlas ao alumnado de 4º de ESO.

   - Entrega de premios de diferentes concursos e campionatos:

     ”V Torneo de fútbol” 

               Campión: "Los Pitufos"

               Subcampión: "Rápido de Pontequieto"

     “V Concurso de Lóxica e Observación” 

               Gañadora 1º ESO: Virginia Estévez Suárez

               Gañador   2º ESO: Miguel Méndez Requena

               Gañadora 3º ESO: Cristina Serrano Meis

               Gañadora 4º ESO: Sara Piñeiro Tenorio

     “Concurso de Narración”

               Gañadoras: Laura Varela Graña

                                   Brenda Rosales Torres

               Finalistas:   Lucía Fernández Bernárdez e Marina García Pérez

 

ACCESO A:      
Programa de actividades
       ___
 
Descargar fotos
 ___
 
1º premios concurso de narración: A lenda de Ermelo
     
                                                              O desatino de Nico
 
  
 
VÍDEOS:    Teatro "O merlo branco"
     
 
                   Premios, agradecementos e orlas
     
 
                   Actuacións musicais

 

Sumar levando

O  lipdub organizado polo EDL do IES Mestre Landín segue en marcha

Xa temos a canción orixinal: "Lágrimas desordenadas" (Melendi).

Xa temos a nosa canción: "Sumar levando".

Xa temos unha chea de persoas traballando no proxecto, pero se ti non te apuntaches e queres facelo aínda estás a tempo.

Se estás interesado/a en participar bailando no lipdub tes que pasar pola secretaría do centro e falar con Silvi, e se o teu interese está en participar nunha actuación de rap (cantar, bailar ou facer "beat box") fala coa profe Lucía.

 

Canción para o LIPDUB

Despois dunha reñida votación e cunha gran participación do noso alumnado e profesorado, a canción gañadora é:

 

Recordámosvos que as cancións finalistas entre as que se podía elixir eran:

“CALL ME MAYBE” (Carly Rae Jepsen)

“GANGNAM STYLE” (PSY)

“HAPPY TOGETHER” (The Turtles)

“LÁGRIMAS DESORDENADAS” (Melendi)

“WE WILL ROCK YOU” (Queen)

 

LIPDUB

LIPDUB

 

 

O EDL do IES Mestre Landín en colaboración co Departamento de Música está a traballar nun apaixonante proxecto: a gravación dun LIPDUB. Para elo precisamos a participación de todo o alumnado, o profesorado e o persoal non docente do Centro, e en primeiro lugar pedimos a vosa axuda para a elección dunha canción. Escoitade os cinco temas seleccionados polo alumnado e votade os que máis vos gusten. 

Tede en conta que a letra da canción elixida será substituída por outra nova creada por nós.  

Os temas propostos son: “CALL ME MAYBE” (Carly Rae Jepsen), “GANGNAM STYLE” (PSY), “HAPPY TOGETHER” (The Turtles), “LÁGRIMAS DESORDENADAS” (Melendi)  e  “WE WILL ROCK YOU” (Queen). 

 

VER VÍDEOS E VOTAR

Entre nós, en galego

Un ano máis o EDL do IES Mestre Landín está traballando na elaboración do calendario escolar do presente curso. Aquí tendes o resultado ata o momento.

Calendario EDLCalendario 2012-2013. EDL do IES Mestre Landín

Como sempre agradecemos a vosa colaboración, para este e para outros proxectos,  e estamos abertos a calquera proposta ou suxestión.

Distribuir contido