Taboleiro

Hora de ler

Transporte escolar

Dende o servizo de mobilidade nos confirman que todos os solicitantes de transporte terán praza. Aqueles usuarios non lexítimos (fora da zona de escolarización ou menos de 2km) deberán empregar a tarxeta Xente Nova cargada. O custe do servizo será de 1,35€ coa tarxeta e cada 15 días poden recargar a tarxeta nun caixeiro de ABANCA para recibir o reintegro dado que son prazas subencionadas. Neste enlace poden ver o folleto informativo. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/Xente%20NOva.pdf

No curso 2020-21 as rutas de transporte Estribela-Cantodarea-Tiburcio e Alameda-Mirón-Jaime Janer pasan ao servizo de mobilidade da Xunta de Galicia, polo que é preciso que o alumnado usuario non lexítimo (todos os que vivan a menos de 2 kms ou fora da zona de escolarización) empregue a tarxeta de transporte Xente Nova cargada para acceder ao transporte escolar.

As zona zona de escolarización do IES Mestre Landín pode consultarse no seguinte mapa:

Zona de escolarización (usuarios lexítimos do transporte escolar sempre que vivan a máis de dous kilómetros do centro)

Se tes dúbidas sobre se necesitas a Tarxeta Xente Nova ou non, podes chamar ao centro para preguntar.

 

 

Máis información sobre a Tarxeta Xente Nova en www.bus.gal ou no teléfono 988687800.

 

Como conseguila?

  1. A Tarxeta Xente Nova é expedida por Abanca nunha serie de oficinas espalladas por moitos dos concellos nos que se pode viaxar con ela. Aquí podes ver o listado de oficinas comercializadoras nas novas áreas de Pontevedra e Ourense.

  2. Para non perder tempo e facilitar que todos os usuarios obteñan a súa tarxeta o máis axiña posible, deberás solicitar cita nesta páxina.

    Para aceder á web é preciso dispor dun navegador Internet Explorer 9 ou superior, Firefox, Chrome, Opera, Safari ou Edge.

  3. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca seleccionada. Non é necesario dispoñer dunha conta asociada.

  4. Á oficina de ABANCA seleccionada só deberás levar o teu DNI. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes. A tarxeta é gratuíta.

  5. Acordate cargar a túa tarxeta antes de viaxar con ela.

 

PLAN DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 15 DE XUÑO

 Accede dende TAREFAS COVID-19, na columna esquerda da páxina.

Recorda que é importante enviar as tarefas deste trimestre a través das vías que se especifican no plan de traballo. Se tes dúbidas, contacta co profesorado a través do correo electrónico do iesml.es

As tarefas para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores aparecen ao final dos Plans de traballo de 2º, 3º e 4º.

O venres, cando remates, envíanos o seguimento das tarefas a través do enlace que atoparás no plan de traballo.

Moito ánimo! Pídenos axuda se a necesitas.

Manual para as videoconferencias

VIDEOCONFERENCIAS

O alumnado poderá empregar un dispositivo conectado a internet e directamente facendo click no enlace que vai proporcionar o docente e poñendo o seu nome e un correo electrónico.

Equipos EDIXGAL: De ter problemas chamar ao servizo PREMIUM 881 869 900

Ordenador Windows/ Mac: ao facer click no enlace pide instalar un complemento que debemos aceptar.

Tablets ou teléfonos: debemos instalar a aplicación de Webex Meet

 

Publicación de cualificacións

O vindeiro venres día 3 de abril poderán consultar as notas do alumnado a través do ABALAR MÓBIL, neste enlace teñen a información necesaria para a súa instalación e activación. Poden contactar co centro para resolver dúbidas.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Virginia Estévez Suárez: máxima nota das probas extraordinarias da ESO

O IES Mestre Landín fixo entrega hoxe venres día 4 de novembro do recoñecemento público ao éxito na recente edición das probas extraordinarias da ESO da nosa alumna Virginia Estévez Suárez. Nesta proba, resultados publicados no doga de hoxe, obtivo a maior puntuación dos 420 participantes que foron propostos polos centros de toda Galicia polo seu excelente rendemento durante a ESO.

Toda a comunidade educativa do IES Mestre Landín comparte o orgullo de tela tido como alumna e compañeira xa que non só destacou nas cualificacións académicas senón que tamén nos seu bo trato cos seus iguais.

En definitiva un éxito para o sistema público de ensino, no que se garante a educación e igualdade de posibilidades para calquera alumna ou alumno poida alcanzar a excelencia.

Dada a relevancia do fito alcanzado pola alumna contamos ca presencia do inspector de zona Román Latas Calvo, do director do CEIP A Laxe Francisco Suárez, da concelleira de medio ambente Marián Sanmartín García, a Alcaldesa de Marín María Pilar Ramallo Vázquez, así como da familia da rapaza.

 

Parabéns!!!

         

MATRICULA CURSO 2016/2017

Instrucións e datas para a formalización da matrícula para o vindeiro curso académico 16/17 no IES Mestre Landín.

A partir do 27 de xuño poderanse recoller no centro os sobres de matrícula para os distintos cursos.

Para axilizar o proceso de matriculación establécense as seguintes datas, nas que todo o alumnado que continúe estudios o próximo curso no noso centro deberá formalizar a súa matrícula, entregando toda a documentación requirida xunto cos anexos debidamente cumprimentado.

29 de xuño: Alumnado matriculado en 4º ESO.

1 de xullo: Alumnado matriculado en 3º ESO.

4 de xullo: Alumnado matriculado en 2º ESO.

5 de xullo: Alumnado matriculado en 1º ESO.

6 de xullo: Alumnado de novo ingreso no centro.

O día 8 de xullo é a data límite para formalizar a matrícula.

      

Documentación xeral a presentar.